“DURANTE OS MESES DE INVERNO DENDE AS SEIS DA TARDE E AS PERSOAS QUE SE ACHEGAN AO RÍO PRECISAN UNHA MAIOR VISIBILIDADE NO TRAMO DO PARQUE” SINALOU ARROXO

O BNG-AA pedirá a colocación de puntos de luz no parque Marcos Cela

IMG_3606

Rubén Arroxo explicou que “está pendente solventar a unión do parque Marcos Cela coa zona do río e compre iluminar a zona para mellorar a seguridade na zona”

O BNG-AA pedirá a colocación de puntos de luz no parque Marcos Cela

Lugo, 11 de outubro de 2017. O voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que pedirá que o concello acometa a iluminación do parque Marcos Cela. Rubén Arroxo explicou que “está pendente solventar a unión do parque Marcos Cela coa zona do río e compre iluminar a zona para mellorar a seguridade na zona”. Veciñas e veciños que pasan diariamente polo parque para achegarse dende a zona de Magoi cara o río Miño transladaron esta suxestión ao BNG para que a traslade ao goberno municipal.

Arroxo lembrou que “nas inversións aprobadas no pasado mes de xullo ía incluída unha partida para enlazar o parque Marcos Cela coa Volta da Viña a través dun sendeiro tradicional que alí se atopa” e neste investimento debería incluírse unha partida para dotar de iluminación a zona. Este paso é a día de hoxe moi usado para unir a zona de Magoi co barrio da Ponte ou o parque do Miño, por ser o camiño máis curto, malia isto no inverno non ten ningún tipo de iluminación.

“Durante os meses de inverno dende as seis da tarde e as persoas que se achegan ao río precisan unha maior visibilidade no tramo do parque” sinalou Arroxo e por iso o BNG demanda que se instale iluminación no sendeiro que une a Volta da Viña con Magoi a través do parque Marcos Cela, estudándose a posibilidade de que sexa farois con detector de presenza para evitar que se manteñan alumeando de forma constante durante a noite.

O BNG-AA pedirá a colocación de puntos de luz no parque Marcos Cela