O BNG-AA pediu que se informe sobre os cambios que está a facer a empresa adxudicataria dos buses

O BNG-AA pediu que se informe sobre os cambios que está a facer a empresa adxudicataria dos buses

IMG_5400Rubén Arroxo dixo “entendemos que o goberno municipal debe vixiar que durante este ano a empresa se adapte dacordo cos pregos do contrato”

O autobús que facía o percorrido da liña 12, que une a zona do campus co centro da cidade, foi substituído por un microbús

Lugo, 4 de abril de 2016. Tras recibir queixas veciñais, o voceiro do BNG – Asembleas Abertas constatou que o autobús que facía o percorrido da liña 12, que une a zona do campus co centro da cidade, foi substituído por un microbús. O BNG – Asembleas Abertas reclama, que dende o goberno municipal, se faga seguimento do proceso de adaptación da empresa adxudicataria do transporte público de pasaxeiros. Rubén Arroxo informou da inquietude que provocou nalgúns veciños e veciñas a substitución de vehículos nalgunhas das liñas e indicou que “imos a estar atentos ao que sucede co cumprimento do prego de cláusulas deste contrato de concesión”. Arroxo incidiu en que “o goberno deberá ter un especial coidado cos contratos públicos por que estamos a ver, día si e día tamén, como as contratacións municipais están inmersas en sumarios xudiciais”.

 

Arroxo lembrou que o BNG – Asembleas Abertas xa advertiu, a respecto da concesión de transporte público, que o deseño do modelo de transporte para Lugo “non pode quedar unicamente nas mans da empresa concesionaria” e propuxo que o concello estableza cauces de participación para que “as entidades, asociacións e colectivos teñen que poder opinar”. O goberno municipal ten que estar informado das decisións que toma a empresa e entendemos que “aínda que o feito de cambiar un vehículo pode ser circunstancial, o goberno debe vixiar que o servizo manteña a calidade e cumpra coas cláusulas do prego de condicións” .

Nos seu momento os nacionalistas xa reclamaran canles para presentar propostas para todas aquelas persoas queiran facer aportacións. Para o BNG – Asembleas Abertas “está claro que Lugo precisa dunha revisión a fondo das liñas de autobuses pero esa revisión tense que facer contando coas aportacións de toda a corporación, dos colectivos, das entidades e tamén de persoas que, a título individual, poden mellorar o funcionamento dos buses”. Rubén Arroxo anunciou que o BNG – Asembleas Abertas transladará, ao longo deste ano, propostas neste senso.

Paneis de información de tempos

Rubén Arroxo tamén insistiu na necesidade de que se todas as parades de autobús connten con paneis informativos para que as persoas usuarias saiban os tempos de chegada dos autobuses urbáns. “O curioso é o que o sistema de paneis xa está instalado, hai que poñelo a funcionar con efectividade e completalo para que todas as paradas conten con este sistema” afirmou Rubén Arroxo.

O BNG-AA pediu que se informe sobre os cambios que está a facer a empresa adxudicataria dos buses