Maite Ferreiro advertiu do desprendemento de pedras na Ponte Romana
A edil do BNG-AA dixo que se debe manter un especial coidado desta ponte, recentemente rehabilitada, que é un símbolo da cidade
Ferreiro pediu unha rápido intervención do Ministerio de Fomento e da Xunta de Galiza para evitar que o deterioro aumente e poida producir danos estruturais
Lugo, 30 de marzo de 2016. A edil do BNG Asembleas Abertas no concello de Lugo, Maite Ferreiro, advertiu do desprendemento de pedras na terceira pilastra (mirando dende a entrada de Fermín Ribera) da Ponte Romana. O desprendemento foi provocado, probablemente, por algunha árbore arrastrada polas últimas enchentas do río Miño. A edil do BNG-AA dixo que se debe manter un especial coidado e vixilancia desta ponte, recentemente rehabilitada, que é un símbolo da cidade.
Ferreiro pediu unha rápido intervención do Ministerio de Fomento e da Xunta de Galiza para evitar que o deterioro aumente e poida producir danos estruturais. A ponte é titularidade do Ministerio de Fomento pero é a Xunta de Galiza, a través do departamento de patrimonio, quen ten que dar as autorizacións precisas para intervir en elementos catalogados pola súa importancia histórico-artística.