O BNG-Asembleas Abertas pide un plan de control de roedores en Lamas de Prado

O BNG-Asembleas Abertas pide un plan de control de roedores en Lamas de Prado

Rubén Arroxo sinalou que dende as asociacións de veciños trasladouse a preocupación polo incremento da presenza de ratas no barrio

ratas“Puidemos constatar como nas inmediacións dos edificios existen túneles que poñen de manifesto a presenza de ratas” dixo Rubén Arroxo

Lugo, 23 de marzo de 2016. O BNG – Asembleas Abertas pedirá un plan de control de roedores para o barrio de Lamas de Prado. Rubén Arroxo sinalou que dende as asociacións de veciños trasladóuselle a preocupación polo incremento da presenza de ratas no barrio. Arroxo lembro que o BNG xa reclamou, en diversas ocasións, unha atención especial para o barrio en canto á limpeza e á adecuación de infraestruturas.

“Puidemos constatar como nas inmediacións dos edificios existen túneles que poñen de manifesto a presenza de ratas” dixo Rubén Arroxo. A presenza de roedores dase, principalmente, nas zonas comúns e nos xardíns existentes entre os edificios do barrio. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo sinalou que “estas zonas son utilizadas por nenas e nenos para xogar e tamén son zonas de paso para acudir aos centros escolares”.

O BNG-Asembleas Abertas pide un plan de control de roedores en Lamas de Prado