VECIÑOS DA ZONA TRASLADÁRONLLE AO BNG-AA A PREOCUPACIÓN POLO ESTADO DE ABANDONO DESTA ZONA DA CIDADE

O BNG-AA pide a limpeza da maleza na Av. Infanta Elena en Paradai

20160903_093918
20160903_093918
O BNG-AA pide a limpeza da maleza na Av. Infanta Elena en Paradai

Lugo, 6 de setembro de 2016. O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, trasladoulle ao goberno municipal a necesidade de intervir na limpeza e desbroce na Av. Infanta Elena no barrio de Paradai. A situación neste momento é de total abandono nalgunhas zonas, segundo dixo o voceiro do BNG, “falta de limpeza, maleza en terreos públicos e privados que invade as beirarrúas e lixo tirado polo chán”.

O BNG-AA dixo que “o goberno municipal deberá tomar as medidas precisas para que se desbroce nas zonas públicas e para que esixa aos propietarios privados a limpeza e desbroce dos terreos”. Ademais, dende o BNG-AA, tamén se reclamou un incremento na limpeza “principalmente en zonas como a área infantil de xogos que existe naquela zona”.

Arroxo lembrou que o BNG-AA ten feito diferentes propostas para aproveitar os predios baleiros “aínda que o goberno municipal non fixo absolutamente nada”. Unha das posibilidades, segundo o voceiro do BNG-AA, sería a de crear espazos de ocio infantil e xuvenil ou hortos urbáns municipais.

O BNG-AA pide a limpeza da maleza na Av. Infanta Elena en Paradai