NESTE MOMENTO OS VEHÍCULOS APARCAN SOBRE A BEIRARRÚA E IMPIDEN A NORMAL CIRCULACIÓN DE COCHES E VEHÍCULOS DE CARGA POLA CALZADA

O BNG-AA pide a regulación do aparcamento na rúa Isaac Díaz Pardo

IMG_0723

“Queda demostrado que o intento do Aparca con Xeito foi unicamente unha campaña publicitaria do PSOE” afirmou Rubén Arroxo

O BNG-AA pide a regulación do aparcamento na rúa Isaac Díaz Pardo

Lugo, 11 de xullo 2017. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, pediralle ao goberno municipal que interveña para regular o aparcamento da rúa Isaac Díaz Pardo. “Trátase dun aparcamento en liña que ten espazo para uns 8 vehículos e 5 deles aparcan con dúas rodas sobre a beirarrúa por que se non bloquean o tránsito” sinalou Rubén Arroxo que lamentou “parece mentira que o goberno municipal non tivese en conta estas cuestións cando anunciou aquela campaña do Aparca con Xeito que nunca foi efectiva”.

O BNG-AA pedirá unha revisión do sistema de aparcamento nesta rúa para evitar que os vehículos estacionados interrompan o paso de outros coches e furgóns de carga ao mesmo tempo que ocupan o paso de peóns na beirarrúa. “O BNG ten un modelo de mobilidade para Lugo que inclúe peonalización de rúas, aparcadoiros disuasorios, espazo para as bicicletas, pero tamén buscamos solucións para rúas como Isaac Díaz Pardo que teñen problemas de circulación nalgúns barrios da cidade”.

“Queda demostrado que o intento do Aparca con Xeito foi unicamente unha campaña publicitaria do PSOE” afirmou Rubén Arroxo e suxeriu a necesidade de revisar os problemas que se xeneran en rúas moi transitadas e que polas súas dimensións se converten en pequenos embudos para o tráfico da cidade.

O BNG-AA pide a regulación do aparcamento na rúa Isaac Díaz Pardo