ARROXO LEMBROU QUE O PLENO DO CONCELLO XA APROBOU UNA INICIATIVA DO BNG PARA INICIAR ESTE PLAN A PESARES DO VOTO EN CONTRA DO PSOE

O BNG-AA propón un Plan Plurianual para dotar ás parroquias de rede de abastecemento e saneamento

IMG_3359

“O concello pode destinar os 500.000 € do Plan Único da Deputación, a Xunta debería aportar outro tanto para avanzar neste plan” dixo Arroxo

O BNG-AA propón un Plan Plurianual para dotar ás parroquias de rede de abastecemento e saneamento

Lugo, 6 de xullo 2017. O BNG-AA propón un Plan Plurianual para dotar ás parroquias de rede de abastecemento e saneamento de augas. Rubén Arroxo explicou que “a nosa idea é que o concello conte con 1 millón de euros cada ano para ir estendendo as redes de saneamento e abastecemento a todas as parroquias do rural”. “O concello pode destinar os 500.000 € que recibe do Plan Único da Deputación, a Xunta debería aportar outro tanto para avanzar neste plan” dixo Arroxo.

Arroxo lembrou que o Pleno do Concello de Lugo xa aprobou una iniciativa do BNG para iniciar este plan na sesión do 27 de abril deste ano e “a pesares do voto en contra do PSOE a proposta do BNG contou co apoio de todos os grupos da corporación”. Arroxo especificou que “se ao medio millón de euros que lle corresponden ao concello de Lugo do Plan Único da Deputación, lle unimos unha aportación similar da Xunta, poderíase facer un investimento anual de 1 millón de euros sen coste directo para as arcas municipais e en poucos anos podería estar cuberto con rede de saneamento e abastecemento a maior parte do rural de Lugo”.

Arroxo explicou que se trataría dun Plan Plurianual no que se irían destinando os fondos procedentes do organismo provincial e da Xunta para crear unha rede de abastecemento e saneamento no rural. O voceiro do BNG-AA dixo que, de ser necesario, “estes fondos poderíanse ampliar con parte dos remanentes que ano tras ano xenera este concello pola incompetencia do goberno municipal que é incapaz de executar todo o orzamento”.

O Plan Único foi unha proposta do BNG na Deputación que garante que o concello de Lugo recibirá anualmente unha cantidade fixa de cartos e que será o propio concello quen poderá definir o uso deses cartos. Neste primeiro ano 2017 o concello de Lugo recibirá 500.000 euros, e esta cifra manterase nos vindeiros anos. O BNG-AA aposta por que estes fondos se destinen ao rural do concello e “entendemos que unha das débedas coas persoas que viven no rural é dar solución ao abastecemento e saneamento de augas” dixo Arroxo, que tamén incidiu na falta de compromiso dos goberno do PP na Xunta con Lugo “a Xunta tamén debe asumir a súa parte de responsabilidade nesta materia e facer a correspondente aportación”.

Arroxo explicou que “é evidente que a implantación dunha rede de abastecemento e saneamento de auga será complicada no extenso rural do concello de Lugo e por iso propoñemos un Plan Plurianual” e engadiu “temos posibilidade de, nunha primeira fase, achegar a rede de abastecemento a aquelas parroquias que se atopan nas inmediacións dos depósitos de Penarrubia e ás que a auga chegaría por gravidade”. Ás parroquias ás que se referiu o voceiro do BNG-AA son as de Sta. María Alta, O Veral e Adai e precisou “tamén habería que rematar de achegar o abastecemento a algunhas zonas da parroquia de Orbazai nas que aínda están pendentes deste servizo”.

O BNG-AA propón un Plan Plurianual para dotar ás parroquias de rede de abastecemento e saneamento