O BNG apoiou a mobilización dos bombeiros dos parques comarcais
O BNG propiciou que os orzamentos da Deputación de Lugo contasen cunha partida de 300.000 € para que o Consorcio provincial de Bombeiros puidese asumir a equiparación salarial dos traballadores dos 6 parques comarcais da provincia de Lugo
05 xul. 2017 - 17:25
Lugo, 5 de xullo de 2017. O BNG apoiou a mobilización dos bombeiros dos parques comarcais para lograr a equiparación salarial. Na manifestación, celebrada en Lugo, participaron a Parlamentaria Olalla Rodil, os deputados provinciais Xosé Ferreiro e Antoino Veiga e os ediles do BNG no concello de Lugo Rubén Arroxo e Maite Ferreiro.
O BNG propiciou que os orzamentos da Deputación de Lugo contasen cunha partida de 300.000 € para que o Consorcio provincial de Bombeiros puidese asumir a equiparación salarial dos traballadores dos 6 parques comarcais da provincia de Lugo e agora depende da xunta que aporte unha cantidade similar.