O VOCEIRO DO BNG VOLVEU REMARCAR QUE “LUGO TERÁ ZONA PÚBLICA DE BAÑO ESTE ANO GRAZAS AO BNG E ABRIREMOS A PORTA PARA QUE O CONCELLO SE IMPLIQUE”
O BNG-AA recibiu autorización para a instalación dun acceso ao río para crear unha zona pública de baño
Rubén Arroxo sinalou “queda demostrado que o PSOE non fixo nada nestes 8 anos para que Lugo poida ter zona pública de baño e que non houbo trámites”
Lugo, 5 de xullo 2017. O voceiro do BNG – AA informou que ven de recibir a pertinente autorización da Confederación Hidrográfica para a instalación dun acceso ao río na zona de As Saamasas. “Grazas a esta autorización Lugo contará cunha zona pública de baño neste verán” informou Rubén Arroxo e afirmou que “con esto queda demostrado que cando as tramitacións se fan a tempo e forma e posible conseguir os obxectivos e o PSOE non fixo as tramitacións para que Lugo chegue a ter zona pública de baño”.
O voceiro do BNG volveu remarcar que “Lugo terá zona pública de baño este ano grazas ao BNG e abriremos a porta para que o concello se implique”. Entendemos que debe ser un proxecto para a cidade e queremos contar co apoio das institucións e así o imos solicitar. Arroxo sinalou que o proxecto do BNG estivo en exposición pública en decembro e “fixemos os trámites en tempo e forma para que a autorización chegase a tempo, por que o BNG si que cree que Lugo debe ter unha zona pública de baño”.
A autorización emitida pola Confederación Hidrográfica otorga permiso para que se faga esta instalación durante os verán dos vindeiros 5 anos. Arroxo resaltou que “marcanse unha serie de normas para que a instalación no incida negativamente no entorno do río, nin na flora nin na fauna, e imos ser absolutamente respectuosos superando en precaucións todas as ditadas na autorización e as que marcan as normativas”. Arroxo sinalou que o proxecto presentado polo BNG, e agora autorizado, “é sinxelo e sen impacto” e engadiu “con esta actuación imos dar resposta a unha realidade, por que a xente xa utiliza esta zona para o baño, pero imos aportar seguridade para as persoas e protección a beira do cauce”.
“Cando iniciamos a tramitación ante a Confederación Hidrográfica no mes de agosto do pasado ano, tiñamos como intención principal demostrar que nin os gobernos socialistas da Deputación e do concello fixeran nada para que Lugo tivera zona pública de baño” dixo Rubén Arroxo e lembrou “dende o ano 2009 se están incluíndo partidas nos orzamentos para a creación desta zona pública de baño e enganando aos lucenses por que nunca houbo intención de acometer esta instalación”.
Arroxo sinalou que “neste ano o goberno municipal, ante a presión do BNG, inciou os trámites para instalar uns pantaláns nunha zona do río que non é a mellor e sendo sabedores de que os tempos da tramitación no ían ser suficientes para a súa posta en marcha este ano”. A partir desta semana, o BNG iniciará as xestións para que, neste verán, Lugo teña un acceso ao río na zona pública de baño de As Saamasas.