RUBÉN ARROXO PUXO COMO EXEMPLOS A INTERSECCIÓN DE RÍO NARLA CON INFANTA ELENA E SALVADOR DE MADARIAGA CON RAMÓN FERREIRO
O BNG-AA propón unha revisión da visibilidade nos cruces de rúas da cidade
Arroxo dixo que “en ocasións” a colocación de contedores, mobiliario urbán ou os vehículos estacionados “dificultan a visión dos condutores que se incorporan a outras vías”
Lugo, 10 de maio 2017. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, informou da presentación dun rogo para a comisión infraestruturas do concello para que se acometa unha revisión da visibilidade nos cruces de rúas da cidade. “Recibimos queixas e somo sabedores de que nalgunhas interseccións hai unha visibilidade reducida que pode provocar accidentes de tráfico como os que se están vendo cada semana na cidade” dixo Rubén Arroxo.
Arroxo dixo que “en ocasións” a colocación de contedores, mobiliario urbano ou os vehículos estacionados “dificultan a visión dos condutores que se incorporan a outras vías”. Os nacionalistas propoñen que, dende os servizos municipais, se faga unha revisión de todos os puntos e se adopten as solucións necesarias para garantir a seguridade nos cruces de rúas da cidade. Arroxo sinalou “entendemos que se debería facer unha revisión de ditos cruces e eliminar aqueles elementos que dificultan a visibilidade”.
Rubén concretou con dous exemplos que “algún destes puntos son a incorporación na avenida Ramón Ferreiro dende a rúa Salvador de Madariaga ou a incorporación na avenida Infanta Elena dende a rúa río Narla” e propuxo que, ademais da revisión, se actué neste dous cruces o antes posible.