RUBÉN ARROXO LEMBROU QUE “NA RÚA PRIMAVERA, POR PROPOSTA DO BNG EFECTIVIZOUSE UN APARCADOIRO QUE DA UNHA SOLUCIÓN REAL E CON MENOS CUSTO QUE O DESTE ESTUDO”

O BNG-AA ve despilfarro na previsión de gastar 521.000 € en acondicionar 8 disuasorios e 13.227 € no estudio

IMG_0219

“É un despilfarro por que os lugares que propón o goberno municipal non darán solución aos problemas de aparcamento pola súa ubicación” afirmou Arroxo

O BNG-AA ve despilfarro na previsión de gastar 521.000 € en acondicionar 8 disuasorios e 13.227 € no estudio

Lugo, 3 de xullo 2017. Para o BNG-AA “é un despilfarro que o custo previsto polo goberno municipal para acondicionar oito espazos como aparcamentos disuasorios ascenda a 521.850 €”. Arroxo explicou que a maior parte das prazas están situadas en lugares que non darán solución aos problemas de aparcamento existentes. Arroxo sinalou que “hai que buscar solucións reais e non gastar cantidades de cartos desproporcionadas”. Rubén Arroxo lembrou que “na rúa Primavera, por proposta do BNG efectivizouse un aparcadoiro que da unha solución real e con menos custo que o deste estudo” e engadiu que “entendemos que se trata de dar solución ás veciñas e veciños non se trata de dar máis negocio a certas empresas”.

O BNG-AA no concello de Lugo ven de reclamar que se comece a executar a apertura de aparcadoiros disuasorios unha vez que o goberno municipal ven de destinar máis de 13.000 € para un estudo sobre a implantación dos aparcadoiros disuasorios. Arroxo fixo fincapé, tamén, na falta de preocupación da alcaldesa por este asunto que “anunciou a bombo e plato a construción de 7 aparcadoiros disuasorios pero ata xullo non foi capaz nin de artellar a contratación dun estudo. O BNG-AA preguntará por que non se conta cos servizos municipais ou a propia empresa pública do concello para facer este estudio no que se van gastar máis de 13.000 euros. Arroxo sinalou que zonas como Fontiñas quedan totalmente descubertas coa proposta do goberno municipal.

Arroxo lembrou que no pasado mes de febreiro o pleno da corporación lucense aprobou unha iniciativa do BNG – Asembleas Abertas para buscar acordos cos propietarios dos predios sen edificar co fin de darlles un uso alternativo, “mais o goberno colleu o camiño contrario e parece que a cousa no camiño do despilfarro de fondos públicos, entendemos que gastar 521.000 € e acondicionar oitos espazos é absolutamente desproporcionado”. O estudio que acaba de contratar o goberno municipal vai dirixido a acondicionar espazos no entorno da rúa Dinan, na zona verde de Xosé Novo Freire, no enlace de río Sil –Infanta Elena, na rúa Manuel Portela, na zona entre a rúa do Buxo e Manuel María, nas proximidades do Agro do Rolo e o aparcadoiro do Edificio Administrativo do Concello do Seminario.

Máis de 22.000 € para o aparcamento do edificio do seminario

Segundo a previsión que reflexa o informe do goberno municipal estes 8 aparcadorios poderían acoller 578 prazas de aparcamento. “Resulta chocante que esté previsto un coste de máis de 22.000 € para acondicionar o aparcamento do edificio do seminario, un aparcamento que xa está funcionando exclusivamente para o persoal municipal” dixo Rubén Arroxo. A proposta do BNG – AA ía destinada a facer intervencións mínimas de acondicionamento para dar solucións rápidas e reais.

Arroxo lembrou as propostas do BNG-AA cales serían estes terreos e sinalou que creando estas 500 prazas de estacionamento gratuíto o problema de aparcamento da cidade quedaría practicamente resolto.

Zona de Fontiñas e conservatorios

Estáblecense tres posibles ubicacións para resolver os problemas de aparcamento que sumarían un total de 6.600 metros cadrados. Os dous terreos máis próximos ao centro da cidade estarían situados, un na esquina de Fontiñas co Carril de Caiños e outro ao longo da rúa Primavera fronte a centro socio-cultural Maruja Mallo. Rubén Arroxo lembrou que un destes solares xa funcionou como aparcadoiro mentres se fixeron as obras en Fontiñas e o outro xa funciona, tamén, como aparcadoiro nas súas beiras. O outro grande aparcadoiro daría solución aos problemas de tráfico na zona dos conservatorios de música e danza e ocuparían máis de 4.000 metros cadrados na intersección da ronda Xosé Castiñeira coa rúa Xesús Bal e Gai.

Zona centro

Para dar solución ao aparcamento na zona centro da cidade propóñense dous aparcadoiros en extremos opostos da ronda da Muralla, un nas inmediacións da Porta Miñá e outro en Paradai, ambo os dous sumarían uns 5.300 metros cadrados. Un dos aparcadoiros estaría situado nos predios da rúa Poeta Noriega Varela máis próximos á ronda da Muralla. O outro aparcadoiro estaría situado na zona de Paradai na intersección da rúa Sil e a Infanta Elena. Estes último emprazamento xa funcionou durante moito tempo como aparcadoiro e daría servizo a todas as persoas que precisan acudir ao edificio multiusos da Xunta, ao centro e ás rúas do noroeste da cidade.

Av da Coruña

Para dar servizo á zona da Milagrosa e Av. da Coruña poderíase chegar establecer un aparcadoiro disuasorio no predio situado na intersección da rúa do Reberendo Xosé Fdez. Núñez coa rúa Alfredo Vila Arquitecto. Este terreo ten unha superficie que supera os 1000 metros cadrados.

O BNG-AA ve despilfarro na previsión de gastar 521.000 € en acondicionar 8 disuasorios e 13.227 € no estudio