AS PROXIMIDADES AO POLÍGONO INDUSTRIAL DAS GÁNDARAS “PARECE A RUTA DO MOBLE” POLA CANTIDADE DE RESTOS DE MOBILIARIO QUE SE VAN ATOPANDO

O BNG alerta da existencia de varios vertedoiros incontrolados na zona de Muxa

IMG_7859

Arroxo sinalou que “o concello ten capacidade e medios para erradicar estes vertedoiros ilegais que producen efecto chamada, e cada vez hai máis”

O BNG alerta da existencia de varios vertedoiros incontrolados na zona de Muxa

Lugo, 8 de xaneiro de 2019. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo alertou da proliferación de vertedoiros na parroquia de Muxa e nas inmediacións dos peches perimetrais do parque industrial das Gándaras. Arroxo sinalou que “o concello ten capacidade e medios para erradicar estes vertedoiros ilegais que producen efecto chamada, e cada vez hai máis” e anunciou a presentación de  iniciativas ante a comisión correspondente para que se tomen medidas.

As proximidades ao Polígono industrial das Gándaras “parece a ruta do moble” pola cantidade de restos de mobiliario que se van atopando. O voceiro do BNG visitou a zona e puido comprobar como en máis de media ducia de puntos se atopan vertedoiros de diferente tamaño “enviarémoslle ao goberno municipal fotos e as ubicacións exactas para que poidan retirar o lixo e evitar que sigan proliferando”. Dende pequenas acumulacións de escombros a “auténticas moblerías de desguace” foi o que atopou o candidato á alcaldía do BNG nesta zona da cidade.

O BNG alerta da existencia de varios vertedoiros incontrolados na zona de Muxa