A EDIL MAITE FERREIRO COMUNICOU OFICIALMENTE, NO CONCELLO, A SÚA PARTICIPACIÓN NO PARO DE 2 HORAS NA XORNADA LABORAL, UNÍNDOSE ASÍ Á CONVOCATORIA DA CIG
O BNG apoia a folga feminista do 8 de marzo
Cargos institucionais e orgániccas do BNG, xungo con militantes e simpatizantes, uniranse aos actos convocados para secundar a xornada de folga do 8M
Lugo, 6 de marzo de 2018. O BNG apoia a folga feminista do 8 de marzo. Dende Lugo a a edil Maite Ferreiro anunciou o apoio a esta folga feminista do 8 de marzo. “Temos que mandar unha mensaxe clara e provocadora, capaz de xerar debate e remover a conciencia, porque ante a desigualdade e a violencia contra as mulleres non caben medias tintas” dixo Maite Ferreiro.
Ferreiro aproveitou para facer un chamamento á participación nas mobilizacións previstas de cara ao Día internacional da Muller, empezando pola manifestación do día catro en Vigo e seguindo pola folga laboral do 8M, “que se note nos centros de traballo, que se note no consumo e que se note nas casas”, instou a edil do BNG, “porque o mundo non pode funcionar sen as mulleres, pero as mulleres non queremos seguir funcionando con desigualdade”, concluíu.
Ferreiro sinalou “As mulleres ímonos mobilizar por que ademais de todo o que esta sucendendo coa violencia machista, a fenda salarial, sumanse cuestións indignantes como as declaracións do presidente do Estado, Mariano Raxoi, que cando lle preguntaron sobre a discriminación salarial das mulleres responde literalmente no nos metamos en eso. Ou as campañas paternalistas e cousificadoras da Xunta toda unha mostra do neomachismo que retrata a visión que o PP ten das mulleres”..