O BNG TRASLADA O SEU APOIO ÁS TRABALLADORAS DO SECTOR E RECLAMA Á PATRONAL QUE RETOME AS NEGOCIACIÓNS PARA GARANTIR UNHAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DIGNAS

O BNG apoia ás traballadoras da limpeza na 80ª xornada de folga por un convenio digno

Cristina López e Maite Ferreiro estiveron presentes na mobilización convocada pola CIG na xornada de hoxe

O BNG traslada o seu apoio ás traballadoras do sector e reclama á patronal que retome as negociacións para garantir unhas condicións de traballo dignas

O BNG apoia ás traballadoras da limpeza na 80ª xornada de folga por un convenio digno

 

Lugo, 10 de xaneiro de 2023. As concelleiras do BNG Maite Ferreiro e Cristina López, estiveron presentes na mobilización convocada pola CIG coincidindo coa 80ª xornada de folga no sector da limpeza, reclamando un convenio digno que mellore as condicións de vida das traballadoras da limpeza, un sector amplamente feminizado e precarizado.

O sector demanda un convenio colectivo digno, ante a oferta presentada pola patronal, que suporía deixar as traballadoras na total precariedade. Na actualidade, as traballadoras levan cos soldos conxelados dende o ano 2021, cando venceu o convenio, e que hai categorías que xa quedaron por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional. Ao pleno achegáronse as traballadoras do sector, que levan en folga desde o pasado  16 de outubro

A limpeza é un servizo esencial, tal e como quedou demostrado durante a pandemia e como se está a evidenciar na folga indefinida que as traballadoras e traballadores iniciaron o pasado luns. Nesta situación, as traballadoras e traballadores do sector levan en Folga Indefinida desde o pasado 16 de Outubro  para reinvidicar a sinatura dun convenio colectivo digno que garanta como mínimo superar o SMI e que garanta manter o poder adquisitivo en base a unha cláusula de revisión salarial.

O BNG apoia ás traballadoras da limpeza na 80ª xornada de folga por un convenio digno