O BNG Asembleas Abertas denuncia o deterioro das pistas na parroquia de Nadela e Bosende
24 feb. 2016 - 16:20
Arroxo pediu que se faga un plan de mantemento e conservación das pistas rurais
Lugo, 24 de febreiro de 2016. O voceiro do BNG Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, denunciou o mal estado das pistas de Nadela e Bosende. Arroxo criticou o abandono no que quedaron moitas das pistas rurais e alertou da necesidade de que o goberno municipal poña en marcha un plan de mantemento de e conservación das pistas. Arroxo sinalou que en canto acabaron os cartos dos remanentes que o PSOE amañou co PP non se volveu facer nada.