ESTA MOCIÓN PEDÍA A ELABORACIÓN DUN PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL PARA ESTABLECER COMPETENCIAS, OBXECTIVOS A CONSEGUIR, MEDIDAS E ACTUACIÓNS MUNICIPAIS PROGRAMADAS EN MATERIA DE IGUALDADE NO CONCELLO DE CASTRO DE REI
O BNG de Castro de Rei conseguiu a aprobación dunha moción para a creación dun plan de igualdade no concello
Esta moción pedía a elaboración dun plan de igualdade municipal para establecer competencias, obxectivos a conseguir, medidas e actuacións municipais programadas en materia de igualdade no concello de Castro de Rei
Olga García, concelleira do BNG en Castro de Rei: "Coa aprobación da creación deste plan pódense desenvolver no concello actuacións que nos leven a conseguir unha sociedade máis igualitaria, xusta e solidaria"
Castro de Rei, 19 de marzo de 2024.-O Bloque Nacionalista Galego presentou no concello de Castro de Rei, no pleno celebrado este pasado venres, unha moción para que dende o concello se elabore un plan de Igualdade municipal. Moción que foi aprobada por unanimidade e obriga ao equipo de goberno a creación dese plan.
A desigualdade por razón de sexo responde a problemas estruturais que afectan a toda a sociedade; por iso, os esforzos das administracións públicas para a consecución da igualdade real son fundamentais.
"Vemos pertinente a creación dun Plan de Igualdade que poida promover obxectivo final, no ámbito local, a igualdade na diversidade e a eliminación de toda forma de discriminación e desigualdade que incide sobre as mulleres e sobre as persoas en xeral, por motivo das diversidades existentes – funcional, procedencia ou orixe étnica, racial, cultural e diversidade afectivo-sexual" afirma a nacionalista.
O grupo municipal do BNG estará pendente de que dende o equipo de goberno leven adiante esta encomenda e se poñan a traballar na creación deste plan importante para levar adiante unha igualdade real neste concello.