O BNG en Castro de Rei propón que o SAF entre dentro dos grupos prioritarios de vacinación

Digna Lagarón

A voceira municipal e concelleira, Digna Lagarón, suxire que este colectivo debe ser considerado de igual xeito que as traballadoras e traballadores das residencias ou da sanidade

Segundo as previsións da Xunta non recibirían a vacina até o mes de marzo

O BNG en Castro de Rei propón que o SAF entre dentro dos grupos prioritarios de vacinación

Castro de Rei, 02 de febreiro de 2021.- O BNG en Castro de Rei propón que o Servizo de Axuda ao Fogar entre no programa de vacinación prioritario fronte a COVID-19, xa que estas traballadoras e traballadores prestan servizos de benestar e coidados en persoas maiores.

O Bloque en Castro de Rei presentará no vindeiro pleno esta proposta para que a corporación municipal inste á Xunta de Galiza a que adopte esta medida, a cal recoñece a súa labor e garante un entorno seguro para todas as persoas usuarias.

A portavoz municipal e concelleira da formación, Digna Lagarón, sinalou que “ é fundamental que o SAF acceda á vacina de forma prioritaria, son un servizo esencial que prestan un traballo semellante ao das residencias pero nos domicilios das persoas usuarias”

Neste sentido, a concelleira sinalou que a quenda de vacinación programada pola Xunta de Galiza do SAF non sería até o mes de marzo, no que fixo fincapé en que “este servizo é igual de importante que o asistencial das residencias ou o sanitario, están na primeira liña de acción para a prevención do virus coidando da nosa xente maior, que son o grupo de risco máis importante, e non deberían esperar até marzo”

 

O BNG en Castro de Rei propón que o SAF entre dentro dos grupos prioritarios de vacinación