O BNG de Castroverde presenta unha moción para mellorar a imaxe da vila

As nacionalistas propoñen a renovación do parque infantil da Veiga do Olmo, melloras no rueiro e o arranxo das edificacións a carón do Camiño Primitivo

A concelleira do BNG, Iria Castro “o abandono deste goberno municipal pola vila é inaceptábel“

O BNG de Castroverde presenta unha moción para mellorar a imaxe da vila

Castroverde, 25 de maio 2022.- O Bloque Nacionalista Galego en Castroverde levará ao pleno deste xoves unha moción na que se propoñen diversas actuacións para mellorar a imaxe e a calidade urbanística da vila e melloras nas estradas do municipio.

Esta proposta require a renovación do parque infantil na Veiga de Olmo e o arranxo das edificacións a carón do Camiño Primitivo, das vías e rueiros, como tamén, das estradas de Goi a Tórdea, de Vilares de Abaixo a Montecubeiro e da Meda a Córneas.

Iria Castro, concelleira do BNG en Castroverde, declarou “o abandono deste goberno municipal pola vila é inaceptábel” no que destacou “atópanse polas rúas sinais tiradas, unha morea de fochancas e unha falta grave no mantemento do rueiro como das estradas do municipio”

Desde o BNG presentamos estas propostas para mellorar a imaxe de Castroverde e proporcionar á veciñanza uns espazos públicos de calidade” explicou a concelleira Iria Castro.

 

SAF e centro de día

A concelleira Iria Castro formulará diversas preguntas á alcaldía sobre a situación do servizo de axuda no fogar, debido ás queixas das persoas usuarias. Ademais, preguntará polo peche do centro de día da localidade.

O BNG de Castroverde presenta unha moción para mellorar a imaxe da vila