O BNG de Castroverde propón a mellora do conxunto etnográfico e o acondicionamento do Camiño Primitivo
Iria Castro estivo xunto coa parlamentaria Olalla Rodil para reclamar á Xunta esta situación.
Lugo, 20 de decembro de 2019.- A voceira nacionalista, Iria Castro, xunto coa parlamentaria, Olalla Rodil reclamaron conxuntamente ao Concello de Castroverde e á Xunta, a súa coordinación para o acondicionamento dos conxuntos etnográficos que posúe no transcurso do Camiño Primitivo como o coidado do mesmo.
Denuncian o abandono da administración autonómica polo trazado que transcorre polo concello, do mesmo xeito á falta de sensibilización cos elementos etnográficos que están na beiras do mesmo e a falta dunha sinalización axeitada para que os camiñantes non sufran desorientacións.
As nacionalistas recalcaron a súa demanda de cómo un Patrimonio da Humanidade pode atoparse nese estado, o que Rodil destacou “o coidado do Camiño tamén supón o coidado dos conxuntos que se atopan nel e fan que sexa parte do máis noso, como os lavadoiros que podemos observar”
Namentres, Castro recalcou “o Concello ten unha falta de sensibilización co noso Patrimonio, por iso poñémonos a traballar para que a veciñanza e as usuarias e os usuarios do camiño poidan desfrutalo pero tamén valorando o noso patrimonio”