O BNG celebra un acto en Friol para amosar a apsota polo rural desde o modelo BNG
Contou coas intervencións de Ada Blanco, candidata á alcaldía de Friol, Mar Pérez Fra, profesora da USC e Bernardo Varela, tenente de alcaldesa de Allariz
No acto amosouse os avances que se produciron no goberno nacionalista en Allariz e as propostas do BNG para Friol para emerxer un concello vivo e con perspectiva de futuro, con énfase na mocidade
Friol, 11 de marzo de 2023.- O Bloque Nacionalista Galego en Friol desenvolveu un acto público Centro Socio-cultural de Friol baixo título Desenvolvendo o rural desde o Concello no que se amosaron diferentes ópticas baixo un mesmo punto, o modelo BNG de Concello.
Neste caso, deuse a coñecer o traballo e os avances que se produciron na alcaldía nacionalista en Allariz, baixo a intervención do tenente de alcaldesa da localidade, Bernardo Varela, mais tamén as oportunidades e capacidades de desenvolver un proxecto de futuro coa candidata á alcaldía do BNG en Friol, Ada Blanco e a profesora da USC, Mar Pérez Fra.
Ada Blanco declarou “o BNG está preparado para acadar un concello vivo, o modelo BNG de Concello non é máis que traballar e poñer no centro das políticas ás persoas”
De igual xeito, a candidata á alcaldía destacou a referencia do traballo da organización nacionalista en Allariz “contamos con referencias moi prestixiosas e de recoñecemento internacional do bo facer, como é o caso de Allariz, onde o rigor, a coherencia e a mostra da aposta real polo noso rural, fixo que esta localidade avanzara, cousa que en Friol tamén é posíbel”
Ada Blanco salientou que Friol ten as capacidades para desenvolver un proxecto de futuro no rural para a mocidade “o rural é un lenzo no que a mocidade temos moito que deseñar, xa que defender a Terra tamén é sabela poñer a traballar baixo a sostibilidade e o compromiso co medio ambiente, en Friol temos unha capacidade agraria incríbel e unha vila na que podemos emerxer proxectos de vangarda que garantan unha vida plena, sendo imprescindíbel o impulso de servizos públicos que nos fagan vida máis doada”