A Tenencia de Alcaldía organiza unha xornada de portas abertas nas escolas infantís municipais
O mércores 15, entre as 16:30 e as 18:30, as familias que o desexen poderán asistir ás distintas escolas e coñecer as instalacións
As solicitudes de praza poden presentarse ata o 4 de abril
Lugo, 14 de marzo de 2023. O edil de Educación, Felipe Rivas, anunciou que as escolas infantís municipais poderán ser visitadas mañá, mércores 15 entre as 16:30 e as 18:30 por todas as persoas interesadas. Rivas explicou que desde a Tenencia de Alcaldía se organizou esta xornada de portas abertas “coincidindo co prazo de solicitude de praza nas distintas escolas”.
As familias interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 4 de abril, a través da sede electrónica ou no rexistro presencial do Concello de Lugo.
A información do procedemento pode consultarse no BOP do 7 de marzo, no Taboleiro de Anuncios do Concello de Lugo, nas Escolas Infantís Municipais e nas oficinas da Concellería de Educación, e inclúese a gratuidade da atención educativa para todas as nenas e nenos.