ROSA CERQUEIRO E MARTA DARRIBA FORON AS ENCARGADAS DA CHARLA QUE SE CELEBROU NA CASA DO SABER
O BNG celebra un faladoiro feminista sobre saúde mental con perspectiva de xénero
Rosa Cerqueiro, psicóloga clínica e portavoz do Movemento Galego pola Saúde Mental, e Marta Darriba, Educadora social e psicopedagoga, e técnica de xestión integral en saúde mental en Feafes, foron as encargadas da charla que se celebrou na Casa do Saber
Lugo, 16 de xaneiro de 2024.- O BNG de Lugo celebra un novo faladoiro feminista sobre saúde mental con perspectiva de xénero, que conta coa psicóloga clínica Rosa Cerqueiro, actual portavoz do Movemento Galego pola Saúde Mental, movemento cívico que pretende a protección da saúde mental da comunidade e a defensa da súa atención pública, ante o grave deterioro que está a sufrir e o dano que se está a causar nos dereitos das persoas, que falará xunto coa educadora social e psicopedagoga Marta Darriba, que exerce como técnica de xestión Integral en Feafes, traballando na mellora da calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental, ademais das súas familiares e achegadas. A charla foi presentada pola concelleira do BNG e responsable de Cultura no Concello de Lugo, Maite Ferreiro.
Este novo faladoiro é a 18ª do ciclo de charlas feministas promovidas polo BNG e Galiza Nova, entre as que se trataron diversas temáticas como a liberdade sexual, a violencia machista, o papel das mulleres no mundo laboral a endometriose ou a perspectiva de xénero no urbanismo.
7 de marzo de 2017 Por que é necesario o feminismo? Teresa González Piñeiroa e Olalla Rodil
19 de abril de 2017 patriarcado e capitalismo con Mª Carme García Negro e Noa Presas
27 de xuño de 2017 Presente e futuro das liberdades sexuais con Carlos Callón e Iria Carreira
29 de setembro de 2017 ventres de alugueiro con María Reimóndez e Olalla Rodil
20 de novembro de 2017 VIOLENCIA MACHISTA: antes e despois da denuncia no que participaron a xuiza Sandra Piñeiro e a traballadora social María Castro.
13 de marzo de 2018 As mulleres no mundo laboral, Dalila Dopazo (xuíza), Marta R. Engroba (presidenta da asociación Si, hai saída), e Raquel Grandio (orientadora laboral de COGAMI).
25 de setembro de 2018 Coñecendo a endometriose, Andrea López (representante de QUERENDO – Mulleres con endometriose), Chus Méndez (xinecóloga)
24 de setembro de 2018 vixencia do pensamento de Simone de Beauvoir na súa obra pioneira: O Segundo Sexo, Pilar García Negro
20 de febreiro de 2019 A cultura da Violación, Olalla Rodil e Iria Fernández (mestra).
26 de novembro de 2019 Arte e feminismo, Luz Darriba (artista multidisciplinar) e Mónica Alonso (artista plástica)
3 de marzo de 2020 Educación en igualdade, Mari Blanco (mestra) e Laura Pardeiro (psicóloga)
8 de marzo de 2021 Traballos e coidado en tempos de pandemia, Cristina López (concelleira de Mercados en Lugo) e Ximena González (traballadora do SAF)
8 de xuño de 2021 Atención ás víticmas no ámbito xudicial, Marta Abuín (Traballadora Social), Ana Jartín (psicóloga da oficina de atención ás Vítimas) e Marta Rivas (psicóloga do IMELGA)
30 de novembro de 2021 Diversidade sexual con Laura Bugalho (activista e sindicalista) e Ánxela Montero (mestra de Educación Infantil)
25 de xaneiro de 2022 Diversidade sexual con Nicolasa Castro (profesora de Lingua e Literatura) e Robert Neal Baxter (Lingüista e traductor)
15 de novembro de 2022, O reto de ser visíbeis no mundo laboral con Montserrat Valcárcel (profesora da USC) e Isabel Calvete (axente ambiental)
28 de febreiro de 2023, Urbanismo e perspectiva de xénero con Teresa Táboas (doutora en Arquitectura e conselleira de Vivenda entre 2005 e 2009) e Oihane Ruíz (Arquitecta e urbanista)