O BNG celebrou unha camiñada en Castro de Rei pola recuperación dos servizos sanitarios no concello

Tras a finalización da camiñada, celebrouse unha concentración diante do centro médico pechado en Castro de Rei

Digna Lagarón, concelleira do BNG en Castro de Rei “os anuncios de mellora da Consellería de Sanidade tras as mobilizacións do BNG, non se están vendo

O BNG celebrou unha camiñada en Castro de Rei pola recuperación dos servizos sanitarios no concello

Castro de Rei, 30 de xaneiro de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei celebrou unha camiñada e unha concentración diante do centro médico en Castro de Rei pola recuperación dos servizos sanitarios deste concello. A situación do servizo sanitario pasa pola falta de facultativos no centro de saúde en Castro Ribeiras de Lea, como tamén, o peche do centro médico en Castro de Rei.

Nesta camiñada participou a concelleira do BNG en Castro de Rei, Digna Lagarón, como a deputada por Lugo e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil. Entre outros cargos orgánicos e institucionais da organización xunto coa veciñanza.

Digna Lagarón explicou as razóns pola que a organización frontista convocou estes actos reivindicativos “o BNG continuará xunto coa veciñanza organizando estes actos até que teñamos uns servizos sanitarios dignos e con total garantías, cómpre sinalar o atropelo que está cometendo a Xunta de Galiza”

Neste sentido, a concelleira nacionalista destacou que a situación segue sendo a mesma dende hai máis dun ano “os anuncios de mellora da Consellería de Sanidade tras as mobilizacións do BNG, non se están vendo. Continuamos co centro médico de Castro de Rei pechado e o centro de saúde de Castro Ribeiras de Lea sen suficiente persoal sanitario para poder atender á veciñanza”

O BNG celebrou unha camiñada en Castro de Rei pola recuperación dos servizos sanitarios no concello