Comeza a renovación da beirarrúa da Calzada das Gándaras, entre as rúas Ferradura e Venancio Senra

Arroxo: "realizamos unha intervención importante para mellorar a accesibilidade da zona e o benestar da veciñanza"

O Gobeno de Lugo renovará esta beirarrúa cunha nova capa de formigón ruleteado cun espesor de 15 cm

Comeza a renovación da beirarrúa da Calzada das Gándaras, entre as rúas Ferradura e Venancio Senra

Lugo, 29 de xaneiro de 2022.  O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo informou do inicio da renovación da beirarrúa na Calzada das Gándaras, no treito entre as rúas Ferradura e Venancio Senra. Rubén Arroxo explicou que “trátase dun treito que se atopaba nun avanzado estado de desgaste, o que sumado á inclinación  da propia rúa complicaba a accesibilidade da veciñanza”, e engadiu, “realizamos unha intervención importante para mellorar a imaxe da zona e ao mesmo tempo garantir a accesibilidade e o benestar da veciñanza”.

 

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas consiste na renovación da beirarrúa cunha nova capa de formigón ruleteado, cun espesor de 15 cm. Para construír a nova capa de formigón, comezouse a coa demolición da beirarrúa actual. Nos pasos de peóns existentes instalaranse baldosas de botóns direccionais, cumprindo coa normativa de accesibilidade. Unha vez rematados os traballos, adaptaranse os rexistros existentes á nova cota da beirarrúa.

"A intervención levarase a cabo intentando minimizar ao máximo posible as molestias ás veciñas e veciños da zona", indicou o Tenente Alcalde, que engadiu "dende a área de Mobilidade e Infraestruturas temos que ter en conta que a maioría das veciñas e veciños de Lugo vivimos en barrios, e temos que traballar para mellorar a calidade de vida dos mesmos".

Comeza a renovación da beirarrúa da Calzada das Gándaras, entre as rúas Ferradura e Venancio Senra