Infraestruturas mellora o acceso ás naves da Campiña

Rubén Arroxo: "continuamos a mellorar as zonas industriais da cidade, recollendo unha solicitude do tecido empresarial da zona"

Veñen de comezar os traballos, consistentes na renovación da capa de rodadura desta rúa

Infraestruturas mellora o acceso ás naves da Campiña

Lugo, 30 de xaneiro de 2022.  O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo xunto co edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou a Campiña, onde veñen de comezar os traballos de renovación da capa de rodadura do acceso á zona industrial. Rubén Arroxo explicou que “continuamos a traballar na mellora das zonas industriais da cidade, recollendo ao mesmo tempo unha solicitude das distintas empresas da zona, que reclamaban a mellora do asfalto desta vía”.

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas Urbanas consiste na aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, o que asegurará que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, adaptaranse os rexistros á nova cota da vía e renovarase a sinalización horizontal.

Arroxo explicou que "esta é unha intervención importante que nos permitirá rematar a renovación desta rúa e continuar a mellorar o estado das zonas industriais de Lugo".

Infraestruturas mellora o acceso ás naves da Campiña