O BNG continúa co ciclo de charlas feministas falando de coidados e traballo en tempos de pandemia

Maite Ferreiro e Olalla Rodil, arquivo

A palestra contará coa participación de Ximena González, traballadora do SAF e Cristina López, responsábel de Mercados no Concello de Lugo

Maite Ferreiro presentará a charla feminista, que poderá seguirse de xeito telemático este martes ás 19:30 a través do Facebook do BNG de Lugo

O BNG continúa co ciclo de charlas feministas falando de coidados e traballo en tempos de pandemia

Lugo, 28 de febreiro de 2021. O BNG continúa co ciclo de charlas feministas dentro da programación previa ao 8 de marzo. Nesta ocasión, baixo o título Coidados e traballo en tempo de pandemiadebaterase sobre o papel da muller no sector económico, afondando na situación das traballadoras dos Servizos de Axuda no Fogar e as situacións que teñen que afrontar debido á crise sanitaria da COVID-19.

 

A charla será presentada pola Vicepresidenta da Deputación e concelleira de Cultura en Lugo, Maite Ferreiro, e contará coa participación de Ximena González, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar, e Cristina López, concelleira responsábel de M ercados no concello de Lugo, que darán o seu punto de vista sobre como está a afectar a crise da COVID-19 en dous sectores estratéxicos.

 

Esta nova charla poderá seguirse de xeito telemático o vindeiro martes, 2 de marzo a partir das 19:30, na páxina de Facebook do BNG de Lugo.

 

Ata a data de hoxe os encontro feministas promovidos polo BNG e Galiza Nova foron os seguintes:

  • 7 de marzo de 2017 Por que é necesario o feminismo? Teresa Glez Piñeiroa e Olalla Rodil

  • 19 de abril de 2017 patriarcado e capitalismo con Mª Carme García Negro e Noa Presas

  • 27 de xuño de 2017 Presente e futuro das liberdades sexuais con Carlos Callón e Iria Carreira

  • 29 de setembro de 2017 ventres de alugueiro con María Reimóndez e Olalla Rodil

  • 20 de novembro de 2017 VIOLENCIA MACHISTA: antes e despois da denuncia no que participaron a xuiza Sandra Piñeiro e a traballadora social María Castro.

  • 13 de marzo de 2018 As mulleres no mundo laboralDalila Dopazo (xuíza), Marta R. Engroba (presidenta da asociación Si, hai saída), e Raquel Grandio (orientadora laboral de COGAMI).

  • 25 de setembro de 2018 Coñecendo a endometriose, Andrea López (representante de QUERENDO – Mulleres con endometriose), Chus Méndez (xinecóloga)

  • 24 de setembro de 2018 vixencia do pensamento de Simone de Beauvoir na súa obra pioneira: O Segundo Sexo, Pilar García Negro

  • 20 de febreiro de 2019 A cultura da Violación, Olalla Rodil e Iria Fernández (mestra).

  • 26 de novembro de 2019 Arte e feminismo, Luz Darriba (artista multidisciplinar) e Mónica Alonso (artista plástica)

  • 3 de marzo de 2020 Educación en igualdade, Mari Blanco (mestra) e Laura Pardeiro (psicóloga)

O BNG continúa co ciclo de charlas feministas falando de coidados e traballo en tempos de pandemia