O BNG CONMEMORA O 50 ANIVERSARIO DA PRIMEIRA ACTIVIDADE REIVINDICATIVA DO DÍA DA PATRÍA UN 25 DE XULLO DE 1968 EN COMPOSTELA

O BNG convida a “todas as persoas que lle queiran a este país” a participar no Día de Patria que cumpre 50 anos

diadapatria

Dende Lugo sairán autobuses gratuítos para acudir aos actos que se celebrarán o 25 de xullo en Compostela

O BNG convida a “todas as persoas que lle queiran a este país” a participar no Día de Patria que cumpre 50 anos

Lugo, 21 de xullo de 2018. Militantes e simpatizantes do BNG de Lugo participarán activamente nos actos do Día da Patria o vindeiro 25 de xullo en Compostela. Dende Lugo sairán autobuses gratuítos para acudir aos actos e o BNG convida a “todas as persoas que lle queiran a este país” no Día de Patria que cumpre 50 anos. As persoas interesadas poderán anotarse para acudir nos buses gratuítos ata o martes 23 de xullo no teléfono 982 28 04 10. Ademais o BNG da Comarca de Lugo organiza un xantar que se celebrará o 25 de xullo en Compostela para afiliados e simpatizantes.

Neste ano o conmemora o 50 aniversario da primeira actividade reivindicativa do Día da Patría un 25 de xullo de 1968 en Compostela, cando un grupo de homes e de mulleres decidiron arriscarse nuns anos de feroz represión e de falta de liberdades nun acto de rebeldía para vir á alameda e poñer unha faixa coa lenda ‘Viva Galiza ceibe e socialista’, cando o réxime pretendía evitar calquera mobilización mais conseguiuse ir tomando rúas de Santiago de Compostela e facer, cos anos, que a praza da Quintana sexa o centro neurálxico dese movemento vivo, plural e colectivo que quere reivindicar que Galiza é unha nación e ten os seus dereitos.

O BNG celebrará os actos do día da Patria cunha manifestación que sairá ás 12:00 horas da Alameda de Compostela para rematar na praza da Quintana onde se celebrará un acto político coa intervención da Voceira Nacional do BNG, Ana Pontón, e no que tamén haberá actuacións musicais. Dende o BNG faise un chamamento “para que todas as persoas que queiran unha Galiza mellor, que saiban que o proxecto do BNG é inclusivo, integrador e quere sumar a quen  sente que Galiza é unha nación que debe conquistar os seus dereitos, participen nos actos do 25 de xullo en Compostela.

O BNG convida a “todas as persoas que lle queiran a este país” a participar no Día de Patria que cumpre 50 anos