OLGA GARCÍA: "COMPARTIMOS COA VECIÑANZA A PREOCUPACIÓN POLA MERMA DE SERVIZOS SANITARIOS NO NOSO CONCELLO"

O BNG convoca unha concentración para rexeitar o peche do consultorio de Castro de Rei durante o verán

A concentración terá lugar este domingo 16 de xuño ás 12:30 diante do consultorio de Castro de Rei

Olga García: "Compartimos coa veciñanza a preocupación pola merma de servizos sanitarios no noso concello"

 

O BNG convoca unha concentración para rexeitar o peche do consultorio de Castro de Rei durante o verán

 

 

Castro de Rei, 14 de xuño de 2024.- O Bloque Nacionalista Galego de Castro de Rei convoca á veciñanza a unha concentración este domingo 16 de xuño ás 12:30 horas diante do consultorio de Castro de Rei para mostrar o seu rexeitamento polo peche do consultorio nos meses de verán.

Esta convocatoria vén dada pola preocupación da veciñanza dado que este consultorio vai estar pechado dende o 15 de xuño ao 15 de setembro. "compartimos a preocupación da veciñanza pois a experiencia demóstranos que o PP leva anos minguando a sanidade pública en Castro de Rei," manifestou Olga García, concelleira do BNG en Castro de Rei. "Continuaremos coa defensa dos dereitos sanitarios da veciñanza pois é indecente que dende a Xunta de Galiza co goberno municipal como cómplice pechen este consultorio dándolles igual os desprazamentos e a calidade asistencial da veciñanza, é unha situación indignante"

Neste senso a concelleira subliñou "animo a participar este domingo na concentración, onde veciñas e veciños reclamaremos xuntos que se garantan os servizos sanitarios, non podemos dar un paso atrás na defensa da sanidade pública" e incidiu "o BNG vai seguir na defensa dos dereitos da veciñanza"

O BNG convoca unha concentración para rexeitar o peche do consultorio de Castro de Rei durante o verán