“NON SE SABE SE É MÁIS LAMENTABLE A XESTIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL OU PREDISPOSICIÓN DA XUNTA A SACAR Á LUZ OS ESCUDOS DA DITADURA” DIXO ARROXO

O BNG cualifica de “chapuza” a xestión de retirada dos escudos franquistas

Edificio Sanidade rúa Mª Balteria
Edificio Sanidade rúa Mª Balteria

Rubén Arroxo sinalou que “para atender unha norma pretenden que se incumpra a lei de memoria histórica”

O BNG cualifica de “chapuza” a xestión de retirada dos escudos franquistas

Lugo, 5 de decembro de 2018. O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, cualificou de “chapuza” a xestión feita dende a Xunta e dende o Concello en relación a retirada dos escudos franquistas nos edificios dos centros educativos. “Non se sabe se é máis lamentable a xestión do Goberno Municipal ou predisposición da Xunta a sacar á luz os escudos da ditadura” dixo Arroxo e explicou “parece incrible que calquera das dúas administracións non teña claro os pasos que hai que dar á hora de acometer unha acción deste tipo en canto as diferentes normativas e que agora PP e PSOE volvan emprender outro rifi-rafe por esta cuestión”.

Rubén Arroxo sinalou que “para atender unha norma pretenden que se incumpra a lei de memoria histórica” e sinalou  "está claro que tanto PP como PSOE teñen pouco interese en borrar os restos do Franquismo, o PSOE amosouno tardando mais dun ano en cambiar as placas das rúas despois de ser aprobado e o PP cando nin inicia a retirada do escudo de Sanidade".

O BNG estivo traballando dende diferentes ámbitos para que na cidade de Lugo se borrase a simboloxía franquista dos edificios públicos en cumprimento da Lei de Memoría Histórica. “Tanto o cambio de nomes da rúas como a retirada dos escudos se fixo grazas ao sentir social que algúns recollemos e trasladamos ás institucións” afirmou Rubén Arroxo que afirmou “a pesares destas eivas nas tramitación burocrática e ás liortas políticas que algún pretende, imos seguir traballando para que os restos do fraquismo non afloren de novo”.

O BNG cualifica de “chapuza” a xestión de retirada dos escudos franquistas