SON INNUMERABLES AS INICIATIVAS SOCIAS, VECIÑAIS E POLÍTICAS QUE LEVAN ANOS SOLICITANDO A ATENCIÓN 24 HORAS NO SERVIZO DE HEMODINÁMICA
O BNG cualifica de “insulto á intelixencia” o anuncio da Xunta de atender persoas infartadas ata as 10 da noite
“Tratase dun capitulo máis desa serie que relata o maltrato do PP ás persoas que viven en Lugo, no que non lles importa subministrar a atención sanitaria a contagotas” dixo Rodil
Lugo, 22 de febreiro 2018. A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, saíu ao paso do anuncio do goberno da Xunta de poñer en funcionamento o servizo de hemodinámica ata as 22:00 horas. “Tratase dun capitulo máis desa serie que relata o maltrato do PP ás persoas que viven en Lugo, no que non lles importa subministrar a atención sanitaria a contagotas” dixo Rodil. A posta en marcha do servizo de hemodinámica durante as 24 horas é unha decisión política, as instalacións deste servizo están paradas e unicamente se trata de dotar de persoal o servizo.
Son innumerables as iniciativas socias, veciñais e políticas que levan anos solicitando a atención 24 horas no servizo de hemodinámica. O goberno do PP na Xunta non so ignora todas estas demandas se non que se permite o luxo de anunciar como unha boa cousa que a atención ás persoas infartadas se peche ás dez da noite. As persoas que viven en Lugo seguirán tendo un servizo deficiente e dependendo da hora na que sufran un ataque cardíaco as súas posibilidades de supervivencia serán unhas ou outras.