O BNG DECIDIRÁ EN ASAMBLEA A FÓRMULA PARA CONCURRIR ÁS XERAIS

O BNG DECIDIRÁ EN ASAMBLEA A FÓRMULA PARA CONCURRIR ÁS XERAIS

Para o BNG está claro que “o obxectivo nestas eleccións xerais é obter unha representación que sirva para defender os intereses de Galiza no estado español"

Os nacionalistas celebrarán a asemblea en Lugo o luns, 15 de xuño, ás 20:00 no seu local comarcal

Lugo, 14 de xuño 2015. O BNG celebrará este luns, 15 de xuño, unha asamblea comarcal para decidir cal será a fórmula máis axeitada para concorrer ás eleccións xerais que se celebrarán neste ano 2015, e sempre antes do 20 de decembro. Para o BNG “trátase dun novo escenario político onde o BNG debe analizar, coas súas bases, cal será a fórmula máis axeitada para que Galiza teña unha presenza significativa no congreso dos deputados”.

Para o BNG está claro que “o obxectivo nestas eleccións xerais é obter unha representación que sirva para defender os intereses de Galiza no estado español”. O BNG fará asambleas en todas as comarcas do país co fin de que todas as afiliadas e afiliados teñan a posibilidade de manifestar a súa postura a este respecto e facer as propostas que consideren. Unha vez rematado o proceso asambleario a executiva nacional do BNG comenzará a traballar sobre o modelo que as bases do BNG decidan.

A responsábel comarcal do BNG de Lugo, Esther López, sinalou que “a partir destas eleccións xerais podería acometerse unha reforma da estrutura do estado español e Galiza ten que estar suficientemente representada para que quede situada onde ten que estar”.

O BNG DECIDIRÁ EN ASAMBLEA A FÓRMULA PARA CONCURRIR ÁS XERAIS