“NINGUÉN SABE SE A ALCALDESA SE ENTEROU QUE PECHA UNHA GARDERÍA EN LUGO” DIXO RUBÉN ARROXO

“NINGUÉN SABE SE A ALCALDESA SE ENTEROU QUE PECHA UNHA GARDERÍA EN LUGO” DIXO RUBÉN ARROXO

IMG_1072O BNG-Asambleas Abertas pedirá, no caso de desaparición da gardaría, que o concello retire as contas bancarias da entidade que executa o peche

Arroxo sinalou que “unha entidade que foi rescatada con 9.000 millóns de euros públicos non pode buscar beneficios nunha gardaría que forma parte da súa obra social”

Lugo, 23 de xuño 2015. O BNG defendeu no Parlamento Galego, xunto con outras forzas políticas, unha iniciativa para evitar o peche da gardaría do Sagrado Corazón. Mentres no Parlamento se trataba este asunto a entidade bancaria responsable da gardaría lanzáballes un ultimato ás nais e pais usuarios para que antes de mañá mércores, ás 15:00, procedan a cobrar as axudas compensatorias de cara ao vindeiro curso.

O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, lamentou a falta de implicación da alcaldesa de Lugo neste asunto e dixo que “a día de hoxe ninguén sabe se a alcaldesa se enterou que pecha unha gardaría en Lugo e que unha ampla zona da cidade queda sen este servizo”. Para Arroxo “semella que alcaldesa socialista está máis preocupada por proxectar a súa imaxe pública que por atender os problemas reais das veciñas e veciños”

O BNG-Asambleas Abertas pedirá, no caso de desaparición da gardaría, que o concello retire as contas bancarias da entidade que executa o peche. Arroxo lembrou que “durante este proceso estivemos en contacto permanente cos pais e nais por que o que para os banqueiros non é máis que unha anécdota para moita xente é un importante problema nas súas vidas” e engadiu que “unha entidade que foi rescatada con 9.000 millóns de euros públicos non pode buscar beneficios nunha gardaría que forma parte da súa obra social”

“NINGUÉN SABE SE A ALCALDESA SE ENTEROU QUE PECHA UNHA GARDERÍA EN LUGO” DIXO RUBÉN ARROXO