O BNG defende a construción urxente do Centro de Día de Vilalba
A Xunta incrumpriu os anuncios da posta en marcha deste servizo impulsado polo BNG
Pilar Prieto, responsábel local do BNG en Vilalba, “o PP é tan cínico que agora argumenta que este proxecto debe ir nos fondos europeos cando xa tiña que estar feita, eles estan ao mando da Xunta”
Vilalba , 12 de maio de 2021 – O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba defende a construción urxente do Centro de Día en Vilalba, o cal xa se anunciou por parte da Xunta de Galiza no ano 2012 e en continuos anuncios, no que a día de hoxe non existe este servizo.
Neste senso, o BNG esixe á Xunta de Galiza a súa posta en marcha urxente, coa dotación de recursos precisos, tanto mateirais como humanos, para garantir un servizo esencial para Vilalba como os concellos da contorna.
Pilar Prieto, responsábel local do BNG, sinalou que este servizo xa tivo diferentes anuncios de construción ao que “ estamos en 2021 e non existe aínda este servizo, a veciñanza leva dende 2012 escoitando anuncios para a súa posta en marcha” ao que fixo fincapé en que “o PP é tan cínico que agora argumenta que este proxecto debe ir nos fondos europeos cando xa tiña que estar feita a súa construción, eles son quen están ao mando da Xunta”
A responsábel local do BNG salientou o traballo da organización no impulso desta instalación no que “no ano 2011 foi grazas a unha moción do BNG a solicitude deste servizo, como tamén no ano 2017 recollemos unhas 5000 sinaturas para instar á Xunta que abrira dunha vez este servizo”.
Vilalba é a capital administrativa e un dos nucleos comerciais da Terra Chá, no que cunha poboación arredor de 15000 habitantes precisa de servizos públicos para garantir unha vellez digna no que tamén de recursos para a conciliación familiar. A crise da COVID puxo por riba da mesa que os servizos públicos son vitais para a nosa sociedade.