TRAS UNHA VISITA REALIZADA Á CASA DA CULTURA "NOTAMOS A DEIXADEZ E O MAL ESTADO NO QUE SE ATOPA A CASA DA CULTURA CON HUMIDADES E GOTEIRAS" EXPLICA A PORTAVOZ NACIONALISTA OLGA GARCÍA

O BNG denuncia o estado deplorábel no que se atopa a casa da Cultura de Castro de Rei

Tras unha visita realizada á Casa da Cultura "notamos a deixadez e o mal estado no que se atopa a Casa da Cultura con humidades e goteiras" explica a portavoz nacionalista Olga García

O BNG denuncia o estado deplorábel no que se atopa a casa da Cultura de Castro de Rei

 

Castro de Rei16 de novembro de 2023.- O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei realizou unha visita á Casa da Cultura situada en Castro Ribeiras de Lea onde puido comprobar de primaria man a situación de abandono na que se atopa dito edificio. O edificio presenta humidades e goteiras por toda a instalación, incluíndo o despacho da traballadora da biblioteca municipal tendo en conta que pasa moitas horas nel e as paredes están cheas de fungos provocados polas humidades o que fai que non sexa un local apto para traballar.

A concelleira Olga García denunciou " a precaridade na que se atopan as instalacións e a imaxe que se dá a todas aquelas persoas que se acercan a esta instalación" pois os desperfectos, humidades e goteiras obsérvanse dende o momento que se entra no edificio. Ademais do perigo que supón para as crianzas que alí realizan actividades, pois teñen que ir sorteando os cubos que están colocados para as goteiras.

través da concelleira, Olga García, o BNG pedirá que se busque unha solución para todos estes desperfectos e que a casa da cultura sexa un lugar apacíbel para quen a visite, "precisamos un concello con actividade cultural e para iso temos que ter un lugar adecuado" reclama a concelleira nacionalista.

"En Castro de Rei precisamos facer inversións reais e que melloren as infraestruturas do concello, non en publicidade e propaganda" concluíu Olga García.

O BNG denuncia o estado deplorábel no que se atopa a casa da Cultura de Castro de Rei