O BNG desenvolve un acto en Becerreá sobre o espolio eólico na comarca dos Ancares

Contou coa participación de Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, Xan Blanco, alcalde do BNG en Mazaricos e Sabela Pérez, portavoz municipal do BNG en Becerreá

Néstor Rego “no BNG defendemos que os proxectos eólicos se paralicen de xeito inmediato até que non exista unha nova planificación eólica que respecte o noso País”

O BNG desenvolve un acto en Becerreá sobre o espolio eólico na comarca dos Ancares

O Bloque Nacionalista Galego desenvolveu en Becerreá a unha charla informativa dentro da campaña da fronte patriótica Nin espolio, nin depredación. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega! sobre os impactos e afeccións da construción de diversos parques eólicos na comarca dos Ancares, como poden ser o caso dos parques Levante ou Piñeira, entre outros.

Contou coa participación do deputado no Congreso do BNG, Néstor Rego, o alcalde do BNG en Mazaricos, Xan Blanco e a portavoz municipal do BNG en Becerreá, Sabela Pérez.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, declarou “no BNG defendemos que os proxectos eólicos que se están levar a cabo dentro dos Ancares, como é o caso de Levante, que é competencia do Estado, se paralicen de xeito inmediato até que non exista unha nova planificación eólica que respecte o noso País”

 

Neste senso, o deputado da cámara baixa salientou que o BNG propón camiñar cara unha mudanza no modelo e xestión enerxética “se quixeramos pór a produción enerxética ao servizo das galegas e galegos, é preciso nacionalizar as empresas do sector enerxético e establecer unha Tarifa Eléctrica Galega que abarate a factura da luz”

No acto, tamén se destacou a xestión dun goberno municipal do BNG respecto a este contexto e como se poden aplicar políticas que beneficien á veciñanza, como é o caso de Mazaricos, onde o alcalde nacionalista Xan Blanco destacou “a xestión dos recursos eólicos galegos son da propia poboación de cada lugar e ten que ser directamente beneficiada da explotación, en Mazaricos fixémolo e pode ser un exemplo para moitos concellos de Galiza”

O BNG desenvolve un acto en Becerreá sobre o espolio eólico na comarca dos Ancares