A asemblea do BNG en Baralla elixe como candidato á alcaldía a Xavier González Pardo

Foi elixido por unanimidade nun proceso democrático e participativo

Xavier González “O BNG ten un proxecto claro, sólido e aberto á veciñanza para facer de Baralla un concello mellor, baixo transparencia, o rigor e coa garantía de que o único compromiso témolo coas veciñas e veciños”

A asemblea do BNG en Baralla elixe como candidato á alcaldía a Xavier González Pardo

O Bloque Nacionalista Galego en Baralla decidiu na súa asemblea local quen será o candidato á alcaldía nas eleccións municipais deste 28 de maio.

A persoa que foi designada por unanimidade é Xabier González Pardo. Natural de Guimarei, de 42 anos e gandeiro.

Agradezo a confianza das compañeiras e compañeiros para asumir este reto de encabezar o proxecto do BNG, o que asumo con todo o respecto e ilusión para liderar o cambio en Baralla”dixo Xabier González.

O candidato do BNG á alcaldía de Baralla destacou “contamos cun proxecto claro, sólido e aberto á veciñanza, para facer de Baralla un concello mellor, baixo transparencia, o rigor e coa garantía de que o único compromiso témolo coas veciñas e veciños”

De igual xeito, Xavier González destacou que aposta do BNG é a única capaz de dar un xiro á política municipal “alí onde goberna o BNG, prodúcense avances na mellora da vida da súa veciñanza, temos que deixar atrás a Baralla gris e actuar cun proxecto que ilusione, centrado nas potencialidades de Baralla” e incidiu “desenvolver un modelo de concello, onde a veciñanza conte cos mellores servizos públicos, pór toda a confianza nas ideas e o talento local para impulsar a actividade económica e ter claro que a equidade e transparencia son os piares para xestionar os bens de todas e todos”

A asemblea do BNG en Baralla elixe como candidato á alcaldía a Xavier González Pardo