Iria Castro “con proxecto e ilusión, o BNG está preparado para liderar o vindeiro goberno municipal de Castroverde”
O BNG deu a coñecer a candidatura de Castroverde nun acto público no restaurante Pereira da localidade
Interviñeron a candidata do BNG á alcaldía de Castroverde, Iria Castro, a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro e a deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego, Carme Aira
O Bloque Nacionalista Galego en Castroverde deu a coñecer a súa candidatura nun acto público, o que contou coas intervencións da candidata do BNG á alcaldía de Castroverde, Iria Castro, a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro e a deputada por Lugo no Parlamento galego, Carme Aira.
Iria Castro deu conta das 12 persoas que integran a candidatura nacionalista, a que destacou “este equipo que lidero vai a por todas, un equipo unido con experiencia e valentía, e gran coñecedor do concello, por isto, saímos con todas as gañas de poñernos ao servizo da veciñanza e facer todo o posíbel para revitalizar Castroverde”
Do mesmo modo, a candidata nacionalista subliñou “contamos con proxecto e toda a ilusión de facer posíbel un Castroverde vivo, transparente e desenvolvido, no que coas nosas potencialidades somos capaces de xerar riqueza e emprego digno”
Ademais, Iria Castro destacou que a candidatura do BNG “está preparada para liderar o vindeiro goberno municipal, somos a única alternativa política rigorosa e capaz de desenvolver un traballo positivo con propostas, alternativas e solucións para mellorar a vida da nosa veciñanza”
Candidatura do BNG en Castroverde:
1.- Iria Castro Fernández
2.- María Cando Mouriz
3.- Gutier Ferreiro Fernández
4.- Laura Arrojo Regera
5.- Pablo González Pérez
6.- María Luisa Álvarez Fouz
7.- Juan Carlos Muñiz Besteiro
8.- María Yolanda Carpintero González
9.- José Luís Souto Carrera
10.- Natalia Penelo Díaz
11.- José Gómez Fernández
Suplentes:
Enrique López Sánchez