Iago Bande, candidato do BNG á alcaldía de Láncara

Iago Bande, candidato do BNG á alcaldía de Láncara
Iago Bande, candidato do BNG á alcaldía de Láncara

A asemblea local da fronte nacionalista decidiu por unanimidade a elección do actual portavoz e concelleiro do BNG en Láncara

Iago Bande “o BNG dará o impulso que precisa Láncara para abrir un tempo novo con firmeza e ilusión”

Iago Bande, candidato do BNG á alcaldía de Láncara

O actual portavoz e concelleiro do Bloque Nacionalista Galego en Láncara, Iago Bande Cortizo, foi elixido por unanimidade pola asemblea local da organización como candidato para ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.

Iago Bande, nado, no ano 1981, na Pobra de San Xiao. Traballa de contable e é licenciado en Administración e Dirección de Empresas

Saímos a por todas para que Láncara avance, desde a transparencia, a participación veciñal, a boa xestión e as ideas claras nun proxecto que emocione á veciñanza, o BNG dará o impulso que precisa Láncara para abrir un tempo novo con firmeza e ilusión” salientou Iago Bande, e subliñou “saímos a por todas para dar pasos adiante na mellora da vida da veciñanza, é o momento de sumar co BNG e desenvolver un proxecto de futuro”

 

De igual xeito, o candidato á alcaldía destacou “imos transformar este concello, estamos convencidos de que as potencialidades hai que poñelas a funcionar, como o talento e as boas ideas que se poden xerar aquí, contribuíndo a establecer poboación e apostar por un futuro que ilusione á xente moza, promovendo os servizos públicos e os mellores servizos á veciñanza”

Iago Bande, candidato do BNG á alcaldía de Láncara