O BNG en Guntín decidiu que Xosé Mosqueira sexa o candidato á alcaldía
Foi elixido por unanimidade pola asemblea local
Xosé Mosqueira “Guntín merece unha proposta con confianza nas capacidades propias e que faga desenvolver este concello”
A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego en Guntín decidiu quen será a persoa designada para encabezar a candidatura nacionalista á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais.
A persoa elixida por unanimidade pola asemblea é Xosé Mosqueira. Xubilado do metal e veciño de Entrambasaugas.
Xosé Mosqueira declarou “O BNG é garantía de traballo, honradez e capacidade de traballo para mellorar a vida das veciñas, este é o noso obxectivo, que Guntín avance”
Neste senso, o candidato do BNG á alcaldía destacou “Guntín merece unha proposta con confianza nas potencialidades propias e que faga desenvolver este concello, precisamos máis impulso e dinamismo”
Xosé Mosqueira agradeceu ás compañeiras e compañeiros do BNG por confiar nel para liderar a candidatura do BNG “quero agradecer a confianza que depositaron en min as compañeiras e compañeiros do BNG para poder encabezar este proxecto, o que estou seguro será a ilusión de moita veciñanza para mellorar Guntín”