Ovidio Montaña encabezará a candidatura do BNG nas vindeiras eleccións municipais

Ovidio Montaña, candidato do BNG á alcaldía de Becerreá
Ovidio Montaña, candidato do BNG á alcaldía de Becerreá

O candidato foi elixido por unanimidade

 

Ovidio Montaña “temos un proxecto con total confianza nas potencilidades propias e con perspectiva de que Becerreá dá para moito máis”

Ovidio Montaña encabezará a candidatura do BNG nas vindeiras eleccións municipais

A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego en Becerreá decidiu quen será a persoa designada para encabezar a candidatura nacionalista á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais.

A persoa elixida por unanimidade pola asemblea é Ovidio Montaña Regueiro, natural de Morcelle. Traballa como inspector veterinario da Xunta de Galiza na oficina agraria de Becerreá.

Ovidio Montaña declarou “O BNG é garantía de traballo, honradez e ilusión para mellorar a calidade de vida da veciñanza, por isto este 28 de maio imos a por todas, para liderar un goberno municipal centrado en Becerreá e nas súas capacidades”

Neste senso, o candidato do BNG á alcaldía destacou “temos un proxecto con total confianza nas potencilidades propias e con perspectiva de que Becerreá dá para moito máis, temos que ser a referencia da comarca en canto ao dinamismo económico como noutros ámbitos”

Ovidio Montaña agradeceu ás compañeiras e compañeiros do BNG por confiar nel para liderar a candidatura do BNG “quero agradecer a confianza que depositaron en min as compañeiras e compañeiros do BNG para poder encabezar este proxecto, o que estou seguro que será a candidatura que xere ilusión na veciñanza para dar pasos adiante”

Ovidio Montaña encabezará a candidatura do BNG nas vindeiras eleccións municipais