Constantino Alvite ”É o momento de poñer ás persoas no centro, de mellorar a vida da veciñanza, con coherencia, compromiso, entusiasmo e traballo”

O BNG en Vilalba presentou a súa candidatura ás vindeiras eleccións municipais

O acto contou coas intervencións do candidato do BNG á alcaldía de Vilalba, Constantino Alvite “Tino”, a responsábel local do BNG en Vilalba, Mónica García e a deputado do BNG no CongresoNéstor Rego

Constantino Alvite ”É o momento de poñer ás persoas no centro, de mellorar a vida da veciñanza, con coherencia, compromiso, entusiasmo e traballo”

Vilalba15 de abril de 2023. O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba presentou nun acto público a súa candidatura ás eleccións municipais de maio.

Contou coas intervencións da candidato do BNG á alcaldía de VilalbaConstantino Alvite “Tino”, a responsábel local do BNG, Mónica García e a deputado do BNG no CongresoNéstor Rego.

Tino Alvite deu a coñecer as 22 persoas que conforman a candidatura do Bloque, a que destacou “lidero un equipo de persoas que teñen unha tremenda paixón por Vilalba, un equipo unido con experiencia mais da man da vitalidade da mocidade, con toda a forza para conseguir liderar o vindeiro goberno municipal de Vilalba

Neste senso, o candidato nacionalista á alcaldía destacou “temos un proxecto centrado e de futuro para a capital da Terra Chá, somos unha potencia enorme que precisa dinamizar o seu rural para converter a Vilalba na referencia da boa xestión e do desenvolvemento sostíbel, e contamos coas ferramentas e a capacidade de facelo posíbel” e enfatizou “a candidatura do BNG é a alternativa necesaria para Vilalba, é o momento de poñer ás persoas no centro, de mellorar a vida da veciñanza, con coherencia, compromiso, entusiasmo e traballo”

Por outra parte, o deputado no Congreso, Néstor Rego, destacou que os gobernos municipais do BNG desenvolven “políticas transformadoras que mudan, en positivo, a vida da xente”. De facto, engade, a organización nacionalista aspira a estender e mellorar os servizos públicos, así como dotar de máis recursos o Concello. “A marca de concellos BNG é unha marca de prestixio enmarcada dentro dun proxecto nacionalista que aspira a mudar a realidade do País e que cumpre todo aquilo co que se compromete” afirma Rego. Para iso, explica o deputado do BNG, “o grupo de goberno do BNG en Vilalba non só contará co apoio da organización na localidade, senón cunha organización enteira como o BNG que ten experiencia e proxecto de futuro para o concello”.

Unha organización da que tamén pon en valor o traballo realizado no Congreso que, grazas ao traballo do conxunto da militancia do BNG, “non existe problema nin solución que o BNG non levara á cámara baixa para reclamar ao Goberno do Estado que atenda as necesidades do País”. Neste sentido, Rego destaca o papel da formación nacionalista no Congreso, defendendo de maneira incansábel os intereses dos galegos e galegas, así como das maiorías sociais e as clases populares.

 

Candidatura do BNG en Vilalba:

1.- Constantino Alvite Muinelo

2.- Mónica García Souto

3.- Alfonso Baamonde Fernández

4.- Maía do Carme Pernas Bermúdez

5.- Lucas Otero Blanco

6.- Iria Fernández Silva

7.- Pablo Guizán Rey

8.- Isabel Pernas Bermúdez

9.- Anxo Fole Lamas

10.- Carlos Cazón Rivas

11.- María do Pilar Prieto Pita

12.- Xosé María Felpeto Enríquez

13.- Luz Divina Souto Villares

14.- Xesús García Souto

15.- Antonio González Fraga

16.- Sabela Figueira Tenereiro

17.- Víctor Rey Carballeira

Suplentes:

María Teresa Burgo García

Carmen Bermúdez Lodeiro

Xosé Fernández Rodríguez

Santiago Jorquera Rodríguez

Xoán Francisco Baamonde García

Constantino Alvite ”É o momento de poñer ás persoas no centro, de mellorar a vida da veciñanza, con coherencia, compromiso, entusiasmo e traballo”