María Jesús López Chus “O BNG vai ser quen abra un novo camiño, cun proxecto centrado por e para a veciñanza, sen ningún xogo de cromos de por medio”
O BNG deu a coñecer a candidatura de Samos nunha cea-acto público
Interviñeron a candidata do BNG á alcaldía de Samos, María Jesús López “Chus”e a deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil
O Bloque Nacionalista Galego en Samos deu a coñecer a súa candidatura nunha cea-acto público no restaurante Aira Padrón da localidade
Contou coas intervencións da candidata do BNG á alcaldía de Samos, María Jesús López “Chus" e a deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil
Chus López presentou as 12 persoas que integran a candidatura do BNG á alcaldía de Samos, e destacou “contamos cun equipazo, o que teño a ledicia de contar co seu apoio, o seu entusiasmo e cariño para facer de Samos unha referencia da vida no rural cando lideremos o vindeiro goberno municipal”
Deste xeito, a candidata nacionalista subliñou “imos a por todas, coa experiencia e a ilusión de acadar un concello máis xusto, é o momento de poñer ao fronte un proxecto que crea verdadeiramente nas potencialidades de Samos, que o impulse en positivo e o faga revitalizar”
Por conseguinte, Chus López salientou que o BNG “vai ser quen abra un novo camiño, cun proxecto centrado por e para a veciñanza, sen ningún xogo de cromos de por medio, coa honestidade, a coherencia e o rigor dunha organización política a que cada día se suma máis persoas, e que ten como principio traballar pola mellora da vida das galegas e galegos”
Candidatura do BNG en Samos:
1.- María Jesús López López
2.- José Manuel López Préstamo
3.- Nagari López López
4.- Alberto Santín González
5.- Ana María Cela Vázquez
6.- Félix Pérez Osorio
7.- Montserrat Gayoso García
8.- Emilio López López
9.- María Inés Vázquez Prado
Suplentes:
Manuel Celeiro Álvarez
Divina Veiga Ingerto
Jesús Santiago Pumarega González