O BNG desenvolve unha xuntanza co deporte de Monterroso

deporte en Monterroso está paralizado pola inacción de diferentes gobernos municipais, como é o caso do polideportivo, o que tras diferentes alcaldías e compromisos continúa sen abrir

 

Brais Vázquez, candidato do BNG á alcaldía “O compromiso do BNG é poñer a funcionar este Concello, no que aumentaremos o orzamento en deporte como mínimo o 2% fronte o actual 0,007%, abrir unha liña de axudas e o impulso dunha escola deportiva municipal”

O BNG desenvolve unha xuntanza co deporte de Monterroso

Monterroso, 30 de marzo de 2023.- O Bloque Nacionalista Galego en Monterroso desenvolveu unha xuntanza cos diferentes entidades e colectivos do deporte de Monterroso para así coñecer de primeira man as súas inquedanzas e preocupacións, mais tamén amosar parte do proxecto do BNG para este eido.

Nesta xuntanza estivo o candidato do BNG á alcaldía de Monterroso, Brais Vázquez e o deputado provincial de deportes, Efrén Castro.

Brais Vázquez deu conta da falta de apoio e compromiso co deporte local os derradeiros gobernos municipais “a deixadez e o colapso no Concello é notorio, a proba é a falta de mantemento das instalacións ou o caso do polideportivo, que tras 3 alcaldes diferentes e 3 convenios de máis de 1.650.000€ que obrigaban a súa apertura e a súa recepción como ben do Concello, segue parado; temos que deixar atrás está situación e cando cheguemos ao goberno municipal traballaremos para poñelo a funcionar coa maior celeridade”

Por outra banda, o candidato á alcaldía sinalou que para abrir un tempo novo e apoiar o deporte de Monterroso, a proposta do BNG é “aumentar o orzamento en deporte como mínimo o 2% fronte o actual 0,007%, como unha liña de axudas tanto para entidades e colectivos como a deportistas individuais e o impulso dunha escola deportiva municipal” sinalou Brais Vázquez.

Neste último punto, Brais Vázquez subliñou que a creación dunha escola deportiva que permitirá estimular o deporte a toda a veciñanza e contar coa maior oferta posible para incentivar hábitos saudables e de benestar, en especial á xente máis nova” e subliñou “tamén promoveremos a contratación dun técnico de deportes e de persoal especializado para acadar a maior calidade no servizo público, ademais que esta acción fomenta a creación de emprego

O BNG desenvolve unha xuntanza co deporte de Monterroso