O BNG destaca a importancia de impulsar un rural vivo e sustentábel
Olalla Rodil “hai que deixar atrás os 11 anos do Partido Popular, traducíronse nun retroceso espectacular para o rural galego”
A candidata foi visitar, xunto integrantes da organización, a queixaría Airas Moniz en Chantada
Lugo, 2 de xuño de 2020.- Olalla Rodil, actual deputada e candidata do BNG por Lugo, estivo na queixaría Arias Moniz situada en Chantada, a que foi acompañada co candidato Iago Suárez e integrantes da formación para coñecer a situación que padecen polas consecuencias da COVID-19.
A paralización de parte da produción como a recolocación no mercado fixo pasar unha situación difícil a moitas explotacións pequenas de transformación.
Durante a crise da COVID-19 fíxose máis evidente que o sector primario é esencial, imprescindíbel para toda a sociedade galega, son garantes da produción alimentaria. Reflectiu a necesidade de construír e impulsar un rural galego vivo e dinámico, asentada na recuperación de superficie agraria útil, diversificar a produción apostando por modelos extensivos e sustentábeis.
Olalla Rodil “en proxectos como o de Airas Moniz reflíctase ese rural transformador, sustentábel, que aposta nas inmensas potencialidades do rural e do sector gandeiro galego e sobre todo, a xeración de valor engadido e o peche de ciclos produtivos no país”
Desde o BNG apostamos por un medio rural estratéxico e chave no desenvolvemento económico e social do país, porén, é preciso garantir niveis de renda e servizos públicos que permitan vivir dignamente.
“A década das políticas do Partido Popular traducíronse nun retroceso espectacular para o rural galego, afectando negativamente non só as condicións económicas da agricultura galega senón tamén ás condicións de vida no medio rural que se deterioraron a pasos axigantados coa perda, en moitos casos, de servizos básicos” salientou a Olalla Rodil.