A XUNTANZA PODERÁ SEGUIRSE EN DIRECTO NAS REDES SOCIAIS DA ÁREA DE CULTURA ESTE XOVES A PARTIR DAS 18 HORAS

Maite Ferreiro debaterá sobre o San Froilán 2020 con axentes vencellados á festa grande de Lugo

Maite Ferreiro: “o San Froilán deste ano celebrarase, mais non terá nada que ver co que estamos afeitas a gozar”

Maite Ferreiro debaterá sobre o San Froilán 2020 con axentes vencellados á festa grande de Lugo

Lugo, 03 de xuño de 2020. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, manterá unha xuntanza con axentes vencellados ao San Froilán para conversar sobre os cambios que as festas de Lugo sufrirán a causa da crise sanitaria da COVID-19. Maite Ferreiro declarou que “a día de hoxe non sabemos cal vai ser a situación sanitaria en outubro, mais estamos traballando en facer as mellores festas cumprindo as indicacións das autoridades sanitarias”.

Na palestra, titulada Como vai ser o San Froilán 2020, Maite Ferreiro recollerá tamén as propostas dos colectivos vencellados ao San Froilán e presentará as medidas nas que a área de Cultura está xa a traballar “para conseguir unhas festas seguras e nas que poida participar toda a veciñanza de Lugo”. Maite Ferreiro afirmou que “o San Froilán deste ano celebrarase, mais non terá nada que ver co que estamos afeitas a gozar”. A xuntanza emitirase en directo na conta de Facebook da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.

“Queremos que o San Froilán siga sendo a gran festa do outono galego, mais tamén garantir a seguridade da veciñanza de Lugo”, afirmou Maite Ferreiro. A edil de cultura animou ás veciñas e veciños “a asistir a esta xuntanza virtual e aportar as súas ideas para conservar as nosas festas máis emblemáticas”.

 

Maite Ferreiro debaterá sobre o San Froilán 2020 con axentes vencellados á festa grande de Lugo