CARME AIRA "O PÁRAMO MERECE UNHA ATENCIÓN DIGNA NA SÚA ATENCIÓN PRIMARIA"

O BNG entrega máis de 600 sinaturas para reclamar unha atención primaria a tempo completo no Páramo

Na entrega participou a deputada Carme Aira con membros do BNG na localidade

Carme Aira "O Páramo merece unha atención digna na súa atención primaria"

O BNG entrega máis de 600 sinaturas para reclamar unha atención primaria a tempo completo no Páramo

 

O Páramo12 de decembro de 2023.- O Bloque Nacionalista Galego no Páramo entrega máis de 600 sinaturas para reclamar á Xunta de Galiza a mellora do servizo no centro de saúde da localidade. No momento da entrega participou a deputada no Parlamento de Galiza, Carme Aira e membros da organización do Páramo.

Estas sinaturas foron recollidas dentro da campaña pola recuperación da atención sanitaria a tempo completo e co persoal preciso para unha atención sanitaria digna.

No formulario asinado solicítase á Consellería de Sanidade: a dotación total das prazas de persoal facultativo coas que conta o centro de saúde do Páramo,e a dotación de recursos materiais suficientes para garantir o pleno funcionamento do centro de saúde do Páramo.

"A veciñanza de O Páramo está farta de que lles quiten servizos e farta de non saber nunca se van ter facultativos que nos atendan", explicou a Carme Aira. O Páramo ten unha poboación de 1300 habitantes na que a maioría da poboación está moi envellecida e que, polo tanto, precisa de atención médica continua. Segundo Carme Aira, "entre baixas médicas e vacacións case non quedan facultativos, e as persoas máis maiores nunca saben o que van atopar ao chegar ao seu centro".

Nesta situación, tan só pasa consulta un profesional catro horas ao día, pero nunca se sabe con exactitude o horario no que vai a estar no centro nin os días. Así, indicou a deputada, "resulta imposible que o persoal sanitario poida atender a demanda de pacientes que ten o centro, e estanse a producir cambios de citas que acaban indo a urxencias co risco de saturación que isto pode orixinar", denunciou Aira.

O BNG entrega máis de 600 sinaturas para reclamar unha atención primaria a tempo completo no Páramo