LUGO CONTINÚA A POSICIONARSE COMO DESTINO DE PRIMEIRA ORDE DENTRO DO CHAMADO "TURISMO DE PROXIMIDADE"

Maite Ferreiro presenta os datos turísticos da ponte de decembro

 

Lugo continúa a posicionarse como destino de primeira orde dentro do chamado "turismo de proximidade"

Máis de 2.500 persoas se achegaron ás distintas instalacións turísticas

Maite Ferreiro presenta os datos turísticos da ponte de decembro

 

Lugo, 12 de decembro de 2023. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou os datos de turismo da ponte de decembro de 2023. Ferreiro explicou que os datos destes días evidencian que o traballo do Goberno de Lugo nestes anos posicionou a Lugo como un destino estratéxico á hora de visitar Galiza". Maite Ferreiro afirmou que "Lugo situouse en números moi similares aos de antes da pandemia, e desde o Goberno de Lugo seguiremos traballando para continuar a mellorar os datos e garantir a mellor atención ás persoas que nos visiten".

A Oficina Municipal de Turismo da praza do Campo atendeu en total a 780 turistas durante a ponte, destacando as procedentes do resto da provincia e de Galiza, con motivo da ponte do 25, e as procedentes de Asturias e León, consolidando a oferta turística de Lugo como un importante eixo do turismo de proximidade.

As salas museísticas municipais continúan a ser un gran atractivo turístico da cidade. Mentres que Porta Miñá e o Centro de Interpretación de San Roque rexistraron, en total, 145 visitas, o MIHL acolleu durante a ponte un total de 265 visitantes. Pola súa banda, o Vello Cárcere sumou un total de 727, éxito que Maite Ferreiro vinculou ao traballo de difusión da instalación realizado pola área de Cultura, e á chegada de importantes exposicións.

 

Maite Ferreiro presenta os datos turísticos da ponte de decembro