AS BEIRARRÚAS ATÓPANSE NUN ESTADO LAMENTÁBEL, CON BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS, BALDOSAS LEVANTADAS, FIRME DESNIVELADO E DETERIORADO, REXISTROS DA AUGA QUE OBSTRÚEN O PASO…

O BNG esixe a reparación de beirarrúas en Paradela para garantir a mobilidade de todas as persoas

Antonio Álvarez PARADELA
Antonio Álvarez

O voceiro do BNG en Paradela, Antonio Álvarez, sinalou “é case imposible moverse polas beirarrúas para as persoas que temos algún tipo de limitación”

O BNG esixe a reparación de beirarrúas en Paradela para garantir a mobilidade de todas as persoas

Paradela, 17 de setembro de 2017. O voceiro do BNG denunciou ante o goberno municipal o mal estado das beirarrúas do casco urbano da vila de Paradela. “A falta de mantemento e de reposición dende hai moito tempo deixou as beirarrúas nun estado lamentable” afirmou o  voceiro do BNG en Paradela, Antonio Álvarez e sinalou “é case imposible moverse polas beirarrúas para as persoas que temos algún tipo de limitación”.

Segundo a solicitude rexistrada polo BNG no Concello de Paradela, as beirarrúas atópanse nun estado lamentábel, sen eliminar as barreiras arquitectónicas, con baldosas levantadas ou sen elas, firme desnivelado e deteriorado, rexistros da auga que obstrúen o paso de peóns. O actual estado das beirarrás dificulta e convirte en perigoso o transito por elas para todas as persoas pero sobretodo para as que teñen algún tipo de dificultade de movemento.

Por todo isto o BNG demanda que, coa maior inmediatez posible, acondicionen as beirarrúas de Pacios, capital do concello de Pardela, eliminando as barreiras arquitectónicas, rexenerando o seu firme, sinalizando os pasos de peóns e acomentendo todas as accións precisas para garantir o tránsito seguro das persoas.

O BNG esixe a reparación de beirarrúas en Paradela para garantir a mobilidade de todas as persoas