MILITANTES E SIMPATIZANTES DO BNG REUNÍRONSE PARA LIMPAR DE MALEZA O TRAMO DE CAMIÑO QUE UNE O PASEO DO MIÑO CO DO RATO PARALELO Á N-VI

O BNG fai un desbroce simbólico e "efectivo" no enlace do paseo do Miño co paseo do Rato

Arroxo sinalou "demandamos en numerosas ocasións que se fixera unha limpeza da maleza pero parece que ninguén actúa e por iso decidimos facer esta acción"

O BNG fai un desbroce simbólico e "efectivo" no enlace do paseo do Miño co paseo do Rato

Lugo, 12 de setembro 2017. Militantes e simpatizantes do BNG reuníronse para limpar de maleza o tramo de camiño que une o paseo do Miño co do Rato. Arroxo lembrou que a principios de agosto "reclamamos por última vez que se fixera o desbroce nesta zona" pero "a día de hoxe non se fixo nada". O sendeiro que está situado paralelo á N-VI estaba practicamente pechado pola maleza, causando molestias as centos de persoas que diariamente se moven pola zona. O voceiro Municipal, Rubén Arroxo, sinalou "demandamos en numerosas ocasións que se fixera unha limpeza da maleza pero parece que ninguén actúa e por iso decidimos facer esta acción".

O concelleiro do BNG explicou que "non é aceptable que se deixe pechar o camiño pola maleza nestes momentos non era posible cruzarse dúas persoas, nun sendeiro que cando está limpo ten un ancho cómodo e seguro". Cómpre ter en conta que é un tramo curto de en torno a 300m, "e que non supón ningún esforzo económico para a administración mantelo despexado". O portavoz nacionalista lamenta o pouco interese que teñen as diferentes administracións nas zonas verdes do municipio "temos o luxo de vivir nunha cidade rodeada de espazos que son unha autentica marabilla, mais a pesar disto as administracións fan moi pouco por mantelas atendidas" explicaba o concelleiro do BNG.

O BNG tamén quixo lembrar a existencia dun acordo plenario de decembro do 2015 "o pleno municipal aprobou por unanimidade unha proposición do BNG para instar ás diferentes administracións que se faga un mantemento constante e un arranxo das deficiencias destes sendeiros, que son un espazo de ocio da veciñanza de Lugo, o certo é que precisamente dende que se deu este acordo, é cando menos atención se lle está a dar" explicou o portavoz nacionalista, lembrando que "de pouco serven estes espazos verdes se non se lles acometen os mantementos precisos".   

O BNG fai un desbroce simbólico e "efectivo" no enlace do paseo do Miño co paseo do Rato