CARME AIRA "NON PODEMOS DEIXAR QUE A XERENCIA DO SERGAS SIGA A TOMARLLE O PELO Á VECIÑANZA DE NEGUEIRA DE MUÑIZ E DA FONSAGRADA"

O BNG de A Fonsagrada segue coas protestas pola sanidade trala promesa incumprida de Ramón Ares

Asistiron á concentración veciñanza de A Fonsagrada e Negueira de Muñiz, que estiveron acompañados pola deputada Carme Aira e a concelleira Rosa Rego

Carme Aira "Non podemos deixar que a Xerencia do Sergas siga a tomarlle o pelo á veciñanza de Negueira de Muñiz e da Fonsagrada"

O BNG de A Fonsagrada segue coas protestas pola sanidade trala promesa incumprida de Ramón Ares

 

A Fonsagrada, 18 de decembro de 2023. O BNG voltou convocar hoxe , luns 18 de decembrounha concentración pola defensa da sanidade pública da comarca. Na concentración participaron ducias de veciñas da Fonsagrada e de Negueira de Muñiz.

Carme Aira deputada do BNG na Parlamento Galego, explicou que "o desmantelamento da Atención Primaria ten un efecto inapelable sobre a poboación e máxime sobre a poboación do rural. Neste momento a dificultade de cobertura das ausencias, sobre todo, do persoal facultativo está a deixar sen asistencia sanitaria a zonas enteiras do territorio" , afirmou Carme. Na Fonsagrada levan semanas con SÓ 2 médicos de 5 que había , que non chegan para a poboación de Negueira de Muñiz e A Fonsagrada.

A semana pasada saían as vacantes de prazas FEAT para cubrir prazas de médicos de familia na provincia de Lugo e A Fonsagrada non estaba entre elas,a pesar de saberse que se quedaron sen 1 médico xa, que era o compartido con Negueira de Muñiz e saberse que se van quedar sen outro nos vindeiros meses pola súa xubilación . Isto tamén repercute no Pac que de 4 médicos que forman o equipo do PAC pasan a quedar 2.

A semana pasada o xerente do Sergas díxolles aos representantes de Negueira e da Fonsagrada que tiñan que esperar a que saíran as vacantes, esa lista saíu e nela non figura A Fonsagrada , "non podemos deixar que a Xerencia do SERGAS siga a tomarlle o pelo á veciñanza de Negueira de Muñiz e da Fonsagrada, precisan ter cobertura médica máxime cando a elevada idade da poboación desta comarca dificulta que as persoas poidan desprazarse de xeito autónomo para conseguir unha atención médica"afirmou a deputada nacionalista.

A veciñanza de Negueira de Muñiz e da Fonsagrada van seguir coas súas protestas ata que o SERGAS dea unha solución a este desmantelamento da sanidade na comarca, "Temos que ter claro que unha comarca sen servizos esmorece e a comarca da Fonsagrada merece uns servizos axeitados"concluíu Carme Aira.

O BNG de A Fonsagrada segue coas protestas pola sanidade trala promesa incumprida de Ramón Ares